Ribadeo, 17 de xullo de 2013. Tras un mes de competición, o pasado venres finalizou o II Torneo de Pádel patrocinado por ACISA e celebrado no Club de Tenis Ribadeo. Nunha tarde pouco veraniega as catro parellas batéronse o cobre duramente para decidir os campións desta edición que contou con participantes de toda A Mariña e o occidente asturiano.
Unha vez finalizada a fase de grupos, onde quedaron encadradas as 21 parellas masculinas e as 9 mixtas, pasaron as primeiras de cada grupo ó cadro final, que deparou enfrontamentos moi igualados e vistosos para o público que acudiu a presenciar a disputa dos partidos máis interesantes.
No cadro mixto as semifinais quedaron conformadas polo enfrontamento entre Sierra e Marta contra Venancio e Gemma pola parte baixa, saíndo victoriosa a segunda parella, que houbo de exprimir a fondo todo o seu pádel no definitivo set, sendo o tanteo final 6-4/7-5. O mesmo ocurriu na parte alta do cadro no encontro que xogaron Claudia e Eliseo contra Mónica e Ángel, o primeiro set foi un suspiro o que levou á parella focense a relaxarse en demasía e a sufrir para levarse o partido por 6-0/7-6 (4). A vitoria na modalide de mixtos foise para a localidade veciña de Foz, tras impoñerse Claudia e Eliseo a Venancio e Mónica (Gemma ausente por lesión) por 6-4/6-2.
En canto ós rapaces, se ben as parellas clasificadas eran as esperadas, a sorpresa dérona Sierra e Luis Sieiro ó desfacerse en cuartos da parella focense formada por Otero e Paleo nun partido duro a tres sets onde as dúas parellas se empregaron a fondo e a paciencia dos ribadenses deu os seus froitos no terceiro e definitivo set. Á postre a confianza conseguida con esta importante vitoria serviulles para alcanzar a final, se ben, a parella Venancio e Diego Rey non deron facilidades e saíron desde o rincipio a pola vitoria desprgando un xogo directo e contundente que desarbolou á novel parella cedendo por un 6-0/6-1.
Ó rematar a disputa das finais procedeuse á entrega de trofeos, con David Feijo e Roberto Ramos en representación de ACISA.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
