O Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS Pescados Rubén volve un ano máis, e xa van sete, ao panorama deportivo do verán da Mariña. Nesta ocasión, xa confirmou a súa presenza entre o profesorado o técnico do Caja Segovia de Primeira, David Madrid, nunha cita que arrancará o xoves 18 pola tarde e se prolongará ata o domingo 21.
Este ano o Campus ampliarase a franxa de idade para participar. Todos aqueles/as rapaces/as de entre 6 e 16 anos que queiran gozar deste deporte cos mellores especialistas nacionais e internacionais na materia poderán reservar a súa praza dende hoxe. A folla de matrícula estará a disposición das persoas interesadas nas oficinas do club (avda. Arcadio Pardiñas, número 91, baixo) ou a través da web http://www.burelafs.org/campus/. O prazo de inscrición estará aberto ata o martes 16 de xullo.
Tarifas. O prezo da matrícula para o alumnado da ED EON Burela FS e dos clubs vinculados á entidade laranxa por convenios será de 35 euros e para o resto de 50. Aqueles/as alumnos/as que o desexen tamén poderán escoller entre un réxime de media pensión (25 euros máis) e un de pensión completa (60 euros máis).
En 2012, a Vermella protagonizou a cita laranxa, con César Arcones e Antonio Bores, adestrador de porteiros e preparador físico da Vermella, respectivamente, entre o seu profesorado, ademais diferentes representantes do club burelista e monitores. Nestes seis anos, polo Campus tamén pasaron o actual presidente da Liga Nacional de Fútbol Sala, Javier Lozano, na súa etapa como seleccionador español; Eduardo Sao-Thiago Lentz, Duda, adestrador de ElPozo Murcia; José Mª. Méndez, Pulpis, seleccionador de Tailandia; Bruno García, ex-técnico do Azkar Lugo e seleccionador de Galicia; María Varela Bardanca, seleccionadora de Galicia Feminina; o ex-internacional Javier Orol; o seleccionador de Romanía, Sito Rivera, o técnico do Reale Cartagena, Luis Fonseca; os adestradores Paulo Eduardo Jesús Pinho ‘Padú’, Juan Miguel García ‘Juanito’, Quique García…






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
