A clínica burelá Virxe da Mariña e o CD Burela FS Pescados Rubén seguirán traballando xuntos polo deporte laranxa. O presidente da entidade mariñá, Manuel Blanco, foi recibido nas instalacións médicas pola xerente da clínica, María Esther García Insua, para formalizar a ampliación do compromiso, dándolle continuidade á supervisión médica dos equipos sénior e incluíndo descontos especiais nos seus servizos para os socios laranxas 2013-14.
Manuel Blanco agradeceu a implicación do persoal médico da clínica burelá como “unha peza fundamental para que a engrenaxe do Burela FS Pescados Rubén da máxima categoría funcione correctamente dende hai varias tempadas”. Dende Virxe da Mariña, Esther García, destacou o traballo do Burela FS e reafirmou a súa colaboración en prol da actividade deportiva: “Apostamos polo deporte e estamos orgullosos de poder colaborar cun club deportivo que non só é un estandarte do deporte de elite na nosa zona, senón que é un exemplo de práctica deportiva saudable, responsable e igualitaria” explicou a xerente.
Os especialistas de Virxe da Mariña encargaranse de supervisar a saúde dos equipos masculino e feminino ao longo de toda a tempada. Esta atención xa se iniciou coa realización dos recoñecementos médicos de todos os xogadores e xogadoras en pretempada e continuará co seguimento durante a competición. Así mesmo, a Clínica Virxe da Mariña, xunto co Instituto Médico Estético da Mariña, agasalla a todos os socios/as do club cunha serie de vantaxes: 50% nas consultas de medicina familiar e enfermería, ademais do 10% en probas complementarias (análises clínicas, raios X, electrocardiogramas, espirometrías…) e nos bonos de depilación médica.
A Virxe da Mariña (avenida Arcadio Pardiñas, número 145) ofrece atención nas especialidades de medicina xeral, enfermería, traumatoloxía e cirurxía ortopédica, dermatoloxía, xinecoloxía, otorrinolaringoloxía, psiquiatría, logopedia, fisioterapia, oftalmoloxía, radioloxía e alergoloxía. O centro completa os seus servizos cun gabinete psicotécnico, tratamentos dermoestéticos e con láser e educación alimentaria.
Máis información en info@clinicavm.es ou en facebook.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
