Conselleiro de Medio Ambiente, Terrritorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e á Ministra de Fomento, Ana Pastor, amosando “a preocupación do organismo provincial e a de todos os lucenses” pola situación na que se atopan as obras da Vía de Alta Capacidade e da Autovía A-82 de conexión entre Barreiros-San Cibrao, “totalmente paralizadas”. Así o anunciou este xoves en Viveiro a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, nunha visita a un dos puntos destas infraestruturas onde é patente que non hai actividade.
Lara Méndez adiantou que nas cartas, a institución esixe á Xunta e ó Executivo Central que realice “as actuacións necesarias” para desbloquear estas actuacións, ó tempo que lles solicita información sobre os pasos que seguirán para axilizar estas obras. “É inadmisible que en máis de 5 anos de gobernos de dereitas non se fixese en Lugo nin un só metro da VAC e da Autovía A-82” subliñou a Vicepresidenta, apuntando a “incoherencia do PP, que mentres estivo na oposición organizaba manifestacións demandando estes traballos, e agora, á fronte das principais administracións en Galicia e España, non fai nada”.
Renuncios
Ó respecto da Vía de Alta Capacidade, Lara Méndez lembrou que o Partido Popular, antes de dirixir a Xunta, prometeu que estaría lista en 2011. “Hoxe, os populares non teñen previsión algunha, prolongando o remate destes traballos máis alá do 2017”. É é que dende 2009, data na que cambiou o Goberno galego, seguen pendentes de licitar oito dos dez treitos que compoñen o trazado. Todo isto, a pesares de que o anterior Executivo autonómico deixase todos os treitos en fase de execución, licitación ou redacción. Na actualidade, a realidade é a seguinte: o treito de Ortigueira é o único que está en marcha; do de Viveiro-San Cibrao non se teñen noticias e o resto nin sequera están licitados.
A Autovía A-82 “é de extraordinaria importancia para o desenvolvemento socioeconómico da nosa provincia, xa que ademais de conectar plenamente as comarcas da Mariña co resto da cornisa cantábrica a través da autovía A-8, supón unha alternativa máis eficiente ó itinerario da antigua carretera nacional N-642 e presta servizo a un Puerto de Interés General como o de San Cibrao. Tras a aprobación definitiva do Estudio Informativo e Expediente de Información Pública en febrero deste año, cuxa tramitación ambiental llevaba aprobada dende decembre de 2011, non se volveron a ter noticias por parte do Ministerio sobre a licitación dos proxectos de construcción desta autovía que propicien o inicio das súas obras”.
Lugo, 29 de agosto de 2013

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



