O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presentou en Trabada o plan de obras da residencia da terceira idade e centro de día que hoxe mesmo comezou a construír a Deputación de Lugo. A Xunta, responsable destas competencias en Galicia, negouse a colaborar como fai noutras provincias, discriminando unha vez máis ós veciños de Lugo.
Gómez Besteiro destacou o forte investimento que acomete a Deputación con estas obras nas que inviste 1,2 millóns de euros, pero asegurou “paga a pena para poder atender como merecen os nosos maiores, e para crear aproximadamente 20 postos de traballo na comarca ademais de ser unha fonte de ingresos para o Concello de Trabada. Poucas administracións hoxe están apostando como a Deputación de Lugo polo benestar social máis o emprego”. Segundo explicou o Presidente da Deputación “con obras coma esta conseguimos que o envellecemento da poboación sexa unha oportunidade de emprego nunha provincia como a nosa na que é prioritario fixar poboación no rural e plantarlle cara ó despoboamento”. De feito, as instalacións estarán situadas no centro da vila co obxectivo de dinamizar a economía local da zona.
As prazas residenciais e as do centro de día distribuiranse segundo as necesidades dos veciños de Trabada. No proxecto figuran 24 habitacións, con posibilidade de que sexan dobres. É dicir, poderían habilitarse 48 prazas residenciais. A Deputación definirá finalmente en función das demandas, tendo en conta que, segundo os expertos, hoxe son moitos os maiores que non queren abandonar as súas casas e prefiren ser atendidos nun centro durante o día e seguir residindo nos seus fogares pola noite. De aí a dobre configuración destas instalacións como centro de día e residencia, unha oportunidade que a Deputación ofreceu desde o principio a todos os concellos onde vai construír unha destas instalacións.
As necesidades de persoal inclúen coidadores sociais, médicos, ATS, así como administrativos, cociñeiros ou persoal de limpeza, entre outros. Hai que ter en conta que, segundo as directrices da Lei de Servizos Sociais de Galicia, é obrigatorio contratar a un mínimo de coidadores por número de prazas, así como 1 médico e 1 ATS que presten atención ás 24 horas.
Para esta obra o Concello achega 200.000 euros, os servizos urbanísticos e os terreos necesarios. As obras dan comezo logo de esperar case un ano a que a Xunta lle concedese o informe favorable a este proxecto.
Sen apoio da Xunta
As obras destas instalacións en Trabada enmárcanse dentro da primeira fase do plan de implantación de residencias e centros de día públicos na provincia que desenvolve a Deputación. Nesta fase inicial tamén se inclúen obras para dotar de residencias e centros de día ós concellos de Castroverde, Fonsagrada, Navia de Suarna e Ribas de Sil.
A Deputación desenvolve este ambicioso plan, único en Galicia, en solitario despois de que a Xunta inexplicablemente rexeitase colaborar. A negativa aínda é máis grave despois de que o goberno de Feijóo, responsable destas competencias en Galicia, afirmase que “estos centros non son necesarios en Lugo” e prefira concertar prazas con centros privados da provincia.
Esta situación impide, polo de agora, á institución luguesa executar o 100% do seu plan, que comprende un orzamento de 15 millóns de euros. Sen embargo, a Deputación non renuncia a el, polo que irá incorporando cantidades orzamentarias para seguir avanzando en solitario ata que a Xunta recapacite na súa discriminación á provincia.
Xunto á de Trabada, a Deputación tamén iniciou hai un mes as obras de construción da Residencia e Centro de Día público de Castroverde. Estes traballos engádense ós da Fonsagrada, onde o organismo provincial tamén está a executar as obras do centro para a terceira idade. Proximamente, a institución adxudicará tamén os proxectos de Pol e Pedrafita do Cebreiro para, a continuación, contratar os de Navia de Suarna e Ribas de Sil. Guitiriz é o único caso na provincia no que o seu alcalde rexeitou o centro de día con residencia que tiña asinado a Deputación coa anterior rexedora.



















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



