San Cibrao acollerá o sábado día 10 de agosto unha nova edición da Festa da Maruxaina, declarada de interese turístico galego.
Aínda así, a celebración arrancará o venres 9 de agosto ás sete da tarde do gran chupinazo na prazoleta seguido dunha degustación de empanada e bolos preñados con viño incluído.
O Maruxaino de Honra 2013 será desvelado ás nove do serán nun acto que se desenvolverá no mesmo escenario e tralo que se iniciarán os pasarrúas a cargo dos gaiteiros de San Cibrao e a charanga os Kilombeiros de Monte Alto.
A mesma charanga poñerá música a partir das once da mañá dando o chupinazo do sábado. Ás doce engaiolarase á Maruxaina que inclúe concurso de carros de comida á hora dos viños. A partir das dúas e media da tarde na praia da Concha celebrarase o xantar de irmandade coa música dos Kilombeiros de Monte Alto. A organización, a cargo da asociación de Amigos da Maruxaina, apunta que lle gustaría recuperar a tradición do baño en paños menores tralo xantar.
Xa pola tarde, a partir das sete, celebraranse os xogos olímpicos maruxainos coas tradicionais probas de cucaña, carretilla, corda ou carreira de sacos onde se repartirán premios para os gañadores.
Cara á noitiña, os participantes poderán agardar na praia o desembarco da Maruxaina. Os mariñeiros tráena para terra despois de darlle pesca, mentres outros, con sinais luminosas os orientan dende a Anxuela para chegar ata a beira. Durante o traxecto poderemos gozar dun marabilloso espectáculo de fogos de artificio, e alí tamén estarán os maruxainos concentrados na praia con farois, ó son do corno berrando ¡Maruxaina!
A medianoite celebrarase o xuízo popular á Maruxaina representado por un grupo de persoas da vila. Despois, rodeada dos gaiteros, mariñeiros e o grupo de baile e teatro, levarase ata a Praza dos
Campos, onde todos poderán bailar e bailala tamén a ela.
Os expertos queimadores da vila servirán queimada de xeito gratuíto entre todos aqueles que adquiran a taza do 2013.
As orquestras Magos de España e Chicago poñerán música á verbena que se prolongará toda a noite.






















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



