Ribadeo, 18 de agosto de 2013. Arredor de trescentas persoas, maioritariamente familiares de represaliados polo franquismo, veciños da Mariña, de xeito moi particular de Ribadeo, e militantes nacionalistas participaron na xornada de hoxe, no tradicional acto acto convocado polo Bloque Nacionalista Galego para conmemorar o día da Galiza Mártir na Mariña e que nesta ocasión tivo como escenario a vila de Ribadeo.
O acto que se abriu cunhas intervencións políticas no Cantón dos Morenos, lugar onde tomaron a palabra Marcos Loureiro, Ana Ermida e Fernando Suárez, tería continuidade na Praza de Abaixo, concretamente na casa onde residiu o derradeiro alcalde republicano de Ribadeo, Rafael Fernández Cardoso, onde se procedeu a descubrir unha placa coa lenda de “Na honra dos demócratas e republicanos de Ribadeo”. A descuberta da placa realizada por familiares de represaliados e o canto do himno galego puxo fin a esta xornada de homenaxe.
O Responsábel Local do BNG en Ribadeo, Marcos Loureiro, citou un a un na súa intervención aos 152 ribadenses represaliados para continuar referíndose a estes “homes e mulleres como a listaxe dos nomes da dignidade, ribadenses que foron asasinados ou que padeceron a represión por defenderen a causa da democracia e das liberdades republicanas, con elas acaba o golpe de estado de 1936, a feroz represión que o acompaña, a guerra civil que provoca e a ditadura que se instaura como consecuencia da vitoria franquista. É hora de mudar a historia porque cando entran en conflito as memorias dos vencidos e as dos vencedores, por definición, sempre trunfan as destes últimos”.
O Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, lembrou o compromiso da totalidade da corporación de Ribadeo por restaurar a memoria, do que é bo exemplo o novo rueiro aprobado de xeito unánime pola corporación, memoria “porque para nos a memoria, o recoñecemento e o exemplo das vítimas do franquismo é un actuar diario. Memoria que está sempre con nos, porque é un patrimonio de dignidade, de cultura cívica e tamén de aspiración a unha outra sociedade máis libre e merecente de considerarse democrática. Recoñecemento que é recuperación e restitución das súas figuras, pago da débeda que a sociedade actual ten contraída con eles por aspirar a un modelo social que xire arredor do triangulo da xustiza, da igualdade e dun modelo político no que o pobo sexa realmente que máis ordene. E exemplo, exemplo do que a barbarie e o terror non quixo que fosemos, exemplo dun patrón de comportamento ético e comprometido coas maiorías sociais, exemplo a fin da forza das ideas, cando por ideas se morría e das ideas non se vivía, exemplo a fin do que nos aspiramos volver a ser”.
A Portavoz Comarcal do BNG na Mariña, Ana Ermida, comezou por referirse as declaracións do Alcalde de Baralla e Deputado provincial que ven de xustificar o asasinato de homes e mulleres polo franquismo sen que até a data ninguén desta forza política lle solicitase a dimisión. “Non pode seguir nin un segundo máis en política unha persoa que defende o asasinato como xeito de actuar pero o que é aínda máis grave é a posición dos dirixentes provinciais do PP así como dos dirixentes galego que até a data non procederon nin a condenar as palabras e moito menos a pedir a dimisión do rexedor dos Ancares. Definitivamente o PP non quere romper co franquismo e cada minuto no que continúan atrincheirados no silencio dan por bo as palabras do Alcalde de Baralla” afirmou Ermida.
Na mesma liña continuou afirmando que o acto de hoxe “é un exerzizo de xustiza cos perdedores, é un compromiso cos que nos precederon na loita é xa por último un acto de afirmación do noso compromiso cunha sociedade máis xusta. A memoria dos antifranquistas non é para nos o conto dun ano, é toda unha bagaxe de loita, de experiencia transformadora que o reformismo republicano esparexou por toda Galiza e que o franquismo recluiu no silenzo, experiencia e proceso de cambio social que debemos pór en valor ao servizo da mellora das condicións de vida das maiorias sociais da nación Galega. Herdamos deles, de Pérez Prieto, de López Durá, de Navarret, de Cardoso, de Fariñas, unha sociedade sacrificada pola falla de expectativas económicas, unha sociedade mutilada por unha estrutura demográfica avenlletada e o que máis grave unha sociedade frustrada e sen perspectivas e crenzas fondas de que este panorama poida ser modificado. Por esta ferida sangra a Galiza e costara cicatrizala. Que o exemplo dos que hoxe homenaxeamos nos de folgos. Folgos porque nos non estamos aquí para maquelar a miseria, estamos para criar benestar, nos non gobermos para exercer a democracia con puño de ferro e luva de seda senón para devolverlle o goberno ao povo, para construir o poder popular. Este é o noso compromiso, nada novo, nada excepcional, o mesmo dos que nos precederon, sí, o compromiso, o exemplo e a lealdade cos nosos homes e mulleres do 36”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



