Os “Amigos de las excursiones de Burela” teñen previsto realizar unha excursión a Barcelona, Monasterio de Piedra y Montserrat. Trátase dunha viaxe de 4 días na que se visitaría o Parque Natural do Monasterio de Piedra (Zaragoza), Sagrada Familia, Ramblas, Praza de España, Porto Deportivo e Montserrat, entre outros lugares de Barcelona. A saída está programada para o mércores 18 de setembro ás 23.00 horas da igrexa parroquial de Burela e a volta para o domingo 22, sen hora determinada. O prezo da viaxe é de 210 euros por persoa en pensión completa. Quedan 4 prazas libres. Os interesados pódense inscribir ata o 31 de agosto na tenda Calzados Tomás (rúa Correo, 2) ou chamando ao teléfono: 627 367 430 ou ao 982 580 067 (Ángel Vigo), de luns a sábado. Ao realizar a reservar achegaranse 60 euros, mentres que o diñeiro restante se debe aboar antes do 1 de setembro.
Dende Burela a Barcelona
Dende Burela a Barcelona
Relacionado
-
A Gastropraza volverá este mércores ao Mercado de Abastos de Ribadeo
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura