A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e o Presidente do Clube Náutico de Foz, Francisco Fernández Rego, presentaron nun acto que tivo lugar este xoves nas instalacións don Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA) de Foz, a IV Peregrinación Marítima de Cruceiros pola Costa de Lugo. O evento, que se celebrará o sábado 17 de agosto en augas mariñanas, reunirá un ano máis a embarcacións participantes chegadas dende diferentes puntos do Cantábrico, así coma o numeroso público que poderá tomar parte no bautismo de mar, actividade organizada coma novidade deste ano.
Méndez destacou que “esta Peregrinación tense convertido xa nun dos eventos deportivos e de promoción turística máis destacados na Mariña, non só pola súa espectacularidade, senón pola cantidade de participantes que ven reunindo ano tras ano e que deberían ser unha chamada de atención sobre as oportunidades económicas e de promoción da Mariña, que nos seus máis de 100 quilómetros de costa ofrece moito máis que praia. O turismo náutico ou o Camiño do Mar, a ruta xacobea que discorre polos Concellos costeiros, son só algúns exemplos disto”. A Vicepresidenta recordou o traballo de Ramón Val, deputado que apoiou dende un principio a iniciativa que xa está consolidada.
O turismo náutico, en auxe
O turismo náutico supón un importante factor de crecemento a potenciar. “Hai que ter en conta que a nosa provincia conta cunha situación estratéxica como punto de paso de embarcacións e cruceiros, conta con estupendas condicións de navegación nas rías; a localización dos seus portos nas inmediacións dos núcleos urbanos; os atractivos turísticos da zona, a gastronomía e a natureza son factores clave para axudar a un sector un auxe”.
A Vicepresidenta aclarou que con esta celebración turística “seguiremos reivindicando unhas instalacións axeitadas, que poñan en valor o noso mar para o turismo e que permitan que Lugo desenvolva o seu potencial de crecemento neste sector, que noutras provincias españolas con costa está a supoñer un máis que destacado factor de crecemento”. Méndez subliñou que “o turismo náutico está intimamente ligado ó turismo de calidade e, polo tanto, é unha fonte de riqueza, que permite, ademais, aproveitar de xeito sostible os recursos existentes na nosa costa, respectando o medioambiente, un elemento que sabemos é fundamental para atraer a turistas á nosa provincia”
O presidente do Clube Naútico explicou que a cita ten tamén un carácter reivindicativo para acadar a mellora das instalacións. “Se o pasado ano facíamos alusión ó feito de que Viveiro e Ribadeo están completos, e moitos usuarios aínda agardan por un amarre, temos outros portos que desgraciadamente están desaproveitados, que non contan con instalacións axeitadas e que non permiten a entrada de veleiros, como é o caso de Burela, San Cibrao e o de Foz”, explicou Fernández Rego.
A Peregrinación Marítima de Cruceiros é unha das múltiples actividades que a Deputación de Lugo ten postas en marcha na Mariña, e que amosan as múltiples posibilidades da desestacionalización do turismo, a través das actividades de natureza, deporte ou medioambiente.
Desenvolvemento da xornada
A peregrinación arrincará o sábado 17 ás 9:30 horas no caso das embarcacións que partan dende o porto de Viveiro e ás 11:30 horas os que o fagan dende o leste, procedentes do porto de Ribadeo.
No primeiro dos casos, o dos barcos con saída en Viveiro, deberán pasar entre as 10:45 e 12:30 horas polo primeiro punto de control, situado nos Farallóns de San Cibrao, e entre as 14:45 e 16:00 horas polo segundo, situado neste caso fronte á praia de Arealonga e punta Fazouro. Pola súa banda, os que partan dende Ribadeo farano ás 11:30 horas, e terán o primeiro punto de control situado en Illa Pancha, polo que deberán pasar entre as 12:00 e as 13:30 horas, e o segundo fronte á praia de San Cosme e punta Promontorio, polo que deberán pasar entre as 16:15 e as 16:45 horas. Será un percorrido que levará a todas as embarcacións participantes a concentrarse fronte á ría de Foz antes das 17:30 horas.
Ás 15:00 horas dará comezo unha regata con embarcacións que desexen participar e que deberán estar a esta hora fronte a Ría de Foz.
As actividades rematarán no CENIMA, onde se celebrará, a partires das 20:30 horas, a tradicional entrega de agasallos institucionais ós participantes. Ademais, os tres primeiros clasificados da regata recibirán trofeos conmemorativos.
As embarcacións partirán o domingo 18 dende o porto de Foz cara ós seus lugares de procedencia.
Bautismo de mar
A novidade deste ano será o bautismo de mar. Tendo en conta o interese creado nas pasadas edicións entre o público en xeral por tomar parte na Peregrinación, a organización conta este ano con 3 barcos, con capacidade para oito persoas cada un deles, nos que os inscritos poderán embarcar para facer tramos da ruta a carón dos veleiros participantes, para poder presenciar en directo a evolución destes na auga.
Así mesmo, e para facilitar o regreso ós puntos de partida, a organización conta con vehículos para o transporte gratuíto. Os interesados tamén deben inscribirse ata o vindeiro 14 de agosto xa que, se ben non hai límite de prazas, si é necesario organizar o transporte e os embarques en función do número total de solicitudes.
Tanto as embarcacións -especialmente naqueles casos de embarcacións procedentes de fóra, para facilitarlles prazas de amarre-, coma o público que desexe participar, pode inscribirse de xeito gratuíto ata o vindeiro 14 de agosto, poñéndose en contacto co Clube Náutico de Foz no teléfono 982 133 609 ou ben enviando un correo electrónico ó enderezo info@cnfoz.es. Os interesados poden atopar máis información na web www.deputacionlugo.org.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
