O CD Burela FS Pescados Rubén pon en marcha a Campaña de Soci@s 2013-14 coincidindo co comezo de pretempada. ‘Este ano o sol volverá saír… Horizonte Laranxa’ nútrese do alento da sempre incondicional afección para que A Mariña siga gozando da maxia do fútbol sala na elite e por partida dobre, con metas máis altas.
O vídeo que encabeza a campaña, elaborado por A Caixa Escura Producións, apodérase da verdadeira enerxía dos equipos sénior feminino e masculino, do segredo da súa fortaleza, da alma da Bomboneira. Iago Míguez e Paula Cortiñas simbolizan a inquebrantable confianza que a Familia Laranxa ten depositada na bancada de Vista Alegre para alcanzar ese precioso ‘Horizonte Laranxa’, para seguir facendo historia no fútbol sala galego, referendar os éxitos acadados e continuar convertendo os soños en realidade.
Valados publicitarios, carteis informativos, redes sociais e prensa completan a campaña xunto ao vídeo de BurelaFS TV, ao que se poderá acceder dende hoxe, a través www.youtube.com/user/BurelaFS e a través da web oficial do club.
Socios/as
Segundo o aprobado na Asemblea de Extraordinaria do pasado 11 de xuño, os socios/as disporán de 6 modalidades de abonos para 2013-14. No que respecta ás tarifas convencionais, de idade adulta, preséntanse o Abono Individual (90 euros) e o Abono Familiar (150 euros), que ofrece a posibilidade de acceder ao pack desconto de 2 carnés, acreditando a relación de parentesco entre os socios/as, excepto os abonados/as antigos, aos que o club premiará a súa fidelidade mantendo os beneficios de Dúo (150 euros). Dentro das tarifas especiais, o club laranxa ofrecerá o Abono de Estudante (40 euros), destinado a persoas entre os 18 e os 25 anos que xustifiquen a condición de estudante, Abono Xuvenil (de 14 a 17 anos), por tan só 30 euros para toda a tempada, e o Abono de Xubilado (60 euros). Nesta nova tempada incorpórase o Abono Infantil (de 0 a 13 anos), por 10 euros.
Tamén como novidade, en 2013-14 os socios/as laranxas terán a oportunidade de facer Reserva de Asento para toda a tempada en Vista Alegre co custo de 100 euros; na categoría Familiar poderán reservarse dúas localidades (150 euros).
O pagamento realizarase nunha soa cota, ben por domiciliación bancaria, ben á recollida do abono a principios de tempada.
Na páxina web do CD Burela FS, xa teñen á súa disposición o formulario de socios/as 2013-14, que poden cubrir e enviar por correo electrónico (burelafs@burelafs.org), sen saír do seu domicilio. Para máis información, poden acudir á sede laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo, Burela) ou chamar ao número de teléfono 982 58 18 15.
Entradas para Non Socios
Os prezos das entradas para os non socios serán de 12 (adulto/a), 5 (xuvenil, 14-18 anos) e 3 (infantil, 0-13 anos) euros para presenciar os encontros de liga na Primeira Masculina e 5 euros (tan só aldultos/as) na Primeira Feminina.
Abonos para tempada 2013-14
Individual: 90 euros
Familiar: 150 euros
Xubilado: 60 euros
Estudante (18-25 anos): 40 euros
Xuvenil (14-17 anos): 30 euros
Infantil (0-13 anos): 10 euros
Reserva de asento: 100 euros (150 euros para Familiar coa reserva de dúas localidades)






















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
