A Deputación de Lugo e o Club Náutico de Foz organizan unha nova edición da Peregrinación Marítima de Cruceiros. Nesta quinta temporada repítese o éxito das anteriores ao completárense as prazas ofertadas para o seguimento da xornada. A Peregrinación comprenderá bautismos de mar e unha regata para as embarcacións que desexen competir. O ente provincial continúa apoiando este tivo de eventos que promoven o turismo costeiro e dan a coñecer a riqueza do litoral.
Logo de se esgotaren as prazas nos barcos facilitados para seguir a xornada, a organización ten previsto dispor dos citados barcos para ofrecer ó público embarques duns 30 minutos na Ría de Foz, baixo o condicionamento da marea. Para participar nestes embarques é necesario presentar o DNI, previo contacto co Club Náutico. A elevada afluencia de público e integrantes tanto nas anteriores edicións como na presente conseguiron atraer participantes doutras provincias, e nalgún caso, de fora de Galicia. Para calquera tipo de dúbida con respecto da xornada a Organización facilita o teléfono 982 133 609 así como o correo electrónico info@cnfoz.es. Poderán atopar máis información na web www.deputacionlugo.org
Programación para a xornada
A Peregrinación arrincará o sábado 17 coa saída das embarcacións ás 9:30 e ás 11:30 horas dende os porto de Viveiro e Ribadeo respectivamente. No caso dos barcos que partan dende Viveiro, deberán pasar entre as 10:45 e 12:30 horas polo primeiro punto de control e entre as 14:45 e 16:00 horas polo segundo. No caso dos de Ribadeo, terán o primeiro punto de control situado en Illa Pancha, polo que deberán pasar entre as 12:00 e as 13:30 horas, e o segundo fronte á praia de San Cosme e punta Promontorio, polo que deberán pasar entre as 16:15 e as 16:45 horas. Os participantes deberán facer un percorrido que os levará a concentrarse finalmente fronte á ría de Foz antes das 17:30 horas. Ás 15:00 horas dará comezo unha regata con embarcacións que deberán estar a esta hora fronte a Ría de Foz.
As actividades rematarán no CENIMA, onde se celebrará, a partires das 20:30 horas, a tradicional entrega de agasallos institucionais ós participantes. Ademais, os tres primeiros clasificados da regata recibirán trofeos conmemorativos. Finalmente, as embarcacións partirán o domingo 18 dende o porto de Foz cara ós seus lugares de procedencia.
O turismo náutico, en auxe
O turismo náutico supón un importante factor de crecemento a potenciar. Hai que ter en conta que a provincia lucense conta cunha situación estratéxica como punto de paso de embarcacións e cruceiros e con estupendas condicións de navegación nas rías; a localización dos seus portos nas inmediacións dos núcleos urbanos; os atractivos turísticos da zona, a gastronomía e a natureza son factores clave para axudar a un sector un auxe. Ademáis, o turismo náutico está intimamente ligado ó turismo de calidade e, polo tanto, é unha fonte de riqueza, que permite, ademais, aproveitar de xeito sostible os recursos existentes da costa, respectando o medio ambiente, un elemento fundamental para atraer a turistas á provincia de Lugo.
A Peregrinación Marítima de Cruceiros é unha das múltiples actividades que a Deputación de Lugo ten postas en marcha na Mariña, e que amosan as múltiples posibilidades da desestacionalización do turismo, a través das actividades de natureza, deporte ou medio ambiente.



















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
