A Asociación Nordés organiza as Xornadas “Memoria dun tempo” no concello de Mañón, concretamente no pobo do Barqueiro entre os días 22 e 23 de agosto.
Este ano o programa diversifica os seus contidos abrindo o espectro da chamada “memoria histórica” a aquela que é allea á Guerra Civil e as súas tráxicas consecuencias, máis sen esquecer a recuperación dos feitos desa época como se poderá comprobar ó olla o contido dos actos.
Deste xeito, o xoves de 22 de agosto ás 8 da tarde no espazo cultural do Bar Queiro comenzaran as devanditas xornadas cunha conferencia de Hixinio Puentes Novo (profesor, escritor e investigador nado non Porto do Barqueiro en 1952) previa introdutoria de Luis Real pola Asociación Nordés.
A conferencia, baixo o título “Historia dun paquete de tabaco. A traxedia do Carranza” tratará dun feito que permanecía na memoria familiar dalgunhas casas de distintos pobos de Galiza: o afundimento do pesqueiro “Almirante José de Carranza” o 19 de setembro de 1940 a mans dun submariño italiano, e no que pereceron 14 mariñeiros de Ribeira, Portoson, Noia, Boiro, Tarragona, Cariño, Pobra do Caramiñal, O Vicedo e O Barqueiro.
Ó día seguinte, venres 23, e á mesma hora e lugar, facerase un acto conxunto entre Andrés Santalla López, profesor e investigador ferrolán especializado na temática da represión e depuración dos mestres en Galiza durante a Guerra Civil e o franquismo, facendo especial mención ó mestre nado en Mañón e docente en San Clodio (Ortigueira), José Novás Soto, quen foi fusilado en Ferrol ó pouco do golpe militar. A continuación contaremos coa testemuña de Hilda Farfante Gayo, quen nos falará do que lles aconteceu ós seus pais, ámbolos dous mestres en Asturias, e fusilados polos falanxistas. Hilda Farfante é unha activista de sona pola recuperación da memoria histórica.
As xornadas entrarán no seu derradeiro día cun fato de actos que darán comezo ás 7 da tarde cunha homenaxe ós republicanos e libertarios no monolito sito na Ponte de Barqueiro. Unha vez rematado irase ó Restaurante Relojes, onde ás 9 farase unha cea de Irmandade para rematar ás 11 e media da noite no Bar Queiro cun recital de Andrés Fernández (músico acompañante de Suso Vaamonde) baixo o título “Cancións para un tempo de loita”, que fará un percorrido por temas coñecidos dos cantautores e grupos que expresaban un compromiso social e político nos anos 70 e 80 (Benedicto, Bibiano, Suso Vaamonde, etc).





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



