A Deputación amosa o seu rexeitamento ós recortes anunciados pola Consellería de Educación que pechará para o vindeiro curso 9 unidades educativas na provincia de Lugo. Esta medida supón que os colexios de Antas de Ulla, Chantada, A Fonsagrada, O Vicedo, Lugo, Paradela e Begonte perderán unha unidade de primaria, mentres que A Pontenova e Navia de Suarna perden unidades de infantil. Son en total 13 postos de mestre que desaparecen e que se suman ós 54 postos xa eliminados. En total nos últimos anos a Xunta eliminou 49 unidades do rural e 67 profesores só na provincia de Lugo.
O Deputado de Cooperación cos concellos, Álvaro Santos Ramos, e a presidenta da Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos da provincia de Lugo (FAPACEL), Elvira Lombao, amosaron o seu rexeitamento a estas medidas que consideran o desmantelamento do ensino público no rural.
Segundo Álvaro Santos, os continuos recortes provocan a masificación das aulas e o reagrupamento de alumnos o que pon en perigo a calidade educativa. Para o Deputado “estes datos revelan o pouco interese da Xunta por fixar poboación no rural, obxectivo que persegue a Deputación. Por iso non entendemos que se pretendan vender estas medidas como favorables para os cativos e os pais, porque a masificación das aulas, a falta de atención á diversidade e a precariedade nos servizos están moi lonxe dun ensino de calidade”. Para o Deputado é inadmisible que “A Xunta gaste en campañas de publicidade para ter fillos e retire os servizos públicos imprescindibles para crialos como son escolas, profesores ou libros”.
Álvaro Santos insistiu en que a crise non é escusa para recortar en educación e pola contra reclama un especial tratamento da educación no rural para evitar a súa desaparición. Dende que o Partido Popular chegou ó Goberno da Xunta foron varios os recortes acometidos no campo da Educación e que tiveron unha moi negativa repercusión no rural. Ó peche de unidades e retirada de mestres únese a eliminación da gratuidade dos libros de texto, co programa que puxo en marcha o bipartito, a suba do IVE que encarece as cotas a pagar, a unificación das rutas de transporte que supón máis tempo de desprazamento sobre todo no rural e o “repago” dos comedores. Esta situación súmase o desmantelamento de Preescolar na Casa, un programa que beneficiaba a 900 nenos de Lugo, dos que o 90% son do rural, é dicir uns 630 pequenos de entre 0 e 3 anos que quedaron sen este servizo.
Recortes que inciden máis no rural
Elvira Lombao acusou á Xunta de “pretender cargarse o ensino no rural” e fixo público o malestar da Federación que preside por estes recortes. Denunciou que ademais das unidades que a Xunta anunciou que pechaba, na zona da montaña a Consellería retira outros 5 mestres especialistas de infantil. Segundo FAPACEL, Cervantes, Navia, O Incio e Samos quedan sen estes profesores de apoio que formaban parte dunha medida de discriminación positiva á montaña lucense e que estaban destinados de xeito provisional polo que a Xunta non recoñece que foran retirados.
A Presidenta das ANPAS de Lugo insistiu en que o agrupamento por niveis perxudica enormemente a calidade do ensino, cando como no caso de Cervantes un mesmo profesor ten que atender a cativos de 5 niveis diferentes nunha mesma aula. As ANPAS e profesores critican ademais as formas e o tempo destes anuncios xa que consideran aproveitan o verán, co curso rematado para sacar o listado de unidades e profesores suprimidos na provincia de Lugo, tratando de evitar que estes colectivos organicen as súas protestas.
FAPACEL está a realizar diferentes iniciativas para reivindicar un ensino de calidade no rural como percorrer o Camiño a Santiago ou a Festa da Involución Educativa que se celebrará o día 23 en Cervantes.
Recortes na pública pero máis cartos para a privada
Por outra banda a Xunta ven de anunciar que subirá o prezo da rede de escolas infantís “A Galiña Azul” ata os 163 euros, 235 con comedor. A Deputación considera que se trata un prezo desorbitado que da conta da mala xestión dos recursos públicos, pero é que ademais recoñecen que as prazas que ofertan son insuficientes. En lugar de crear novas prazas, a Xunta dedícase a repartir cheques infantís para que os nenos acudan a centros privados.
A Deputación critica tamén o destino de fondos a centros privados e considera que “o PP está a desmantelar o sistema educativo público mentres fai unha clara aposta polo ensino privado destinando cada ano millóns de euros e creando unidades novas que retira do rural”.

















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



