Nordés organiza as terceiras xornadas Memoria dun tempo no Barqueiro (Mañón) que se desenvolverán os días 22, 23 e 24 de agosto no Bar Queiro e na Ponte Vella do Barqueiro. O xoves arrancan estas xornadas ás 20:00 horas coa conferencia “Historia dun paquete de tabaco: a traxedia do Carranza” a cargo de Hixinio Puentes e Luis Real sobre o afundimento do pesqueiro “Almirante José de Carranza” por un submarino italiano no que morreron mariñeiros da zona. O venres, á mesma hora, acto en lembranza de José Novás Soto e demáis mestres represaliados polo franquismo coas intervencións do investigador Andrés Santalla e Hilda Farfante Gayo, mestra e filla de mestres asasinados polos falanxistas. A homenaxe a republicanos e libertarios desenvolverase o sábado 24 de agosto a partir das 19:00 horas diante do monolito da Ponte Vella do Barqueiro. Ás 21:00 horas servirase unha cea de irmandade no Restaurante Relojes para o que se precisa reserva a través dos teléfonos 620 41 78 48 ou 653 75 64 54 achegando 15 euros. Ás 23:30 horas o Bar Queiro acollerá o recital “Cancións para un tempo de loita” a cargo de Andrés Fernández, músico de Suso Vaamonde, que interpretará temas dos anos 70 relacionados co franquismo e a liberdade.
III Xornadas Memoria dun tempo, no Barqueiro
III Xornadas Memoria dun tempo, no Barqueiro
Relacionado
-
O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, na inauguración do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional