O Burela FS Pescados Rubén e Isidoro Garrido Luque renovan o seu compromiso ata a tempada 2014/2015. O xogador cordobés manifestou sentirse “moi satisfeito por continuar en Burela onde me sentín moi a gusto desde que cheguei a tempada anterior. O Burela FS é un exemplo como club e foi sinxelo chegar a un acordo”. Na presentación oficial, o presidente burelés, Manuel Blanco, e o directivo, Alberto Fernández acompañaron a Isi que vaticina unha tempada “moi interesante e con moitos desafíos que imos encarar cunha enorme ilusión. Á base do grupo sumouse esta tempada xente de moita calidade. Contamos cun potencial importante e queremos ser ambiciosos pero sempre desde a humildade”. Isi considera vital o apoio da afección laranxa “que sempre nos apoia con entusiasmo e esperamos ofrecerlles unha tempada moi bonita. A afección é vital, son o sexto xogador e co seu apoio converteremos Vista Alegre nun fortín”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
