A fotografía desta fermosa declaración de amor, escrita a cores sobre unha desgastada parede, abre de xeito moi orixinal un blog de contidos culturais que está aberto á consulta pública desde estes días e que recolle un documentado estudo sobre o uso da lingua galega no termo municipal de Foz.
O autor do completo estudo e do deseño do soporte dixital que o disponibiliza en aberto para o público xeral é o filólogo Miguel Arce Méndez, licenciado pola Universidade de Santiago e persoa cun dilatado currículo académico no que destaca un período docente na Universidade Nova de Lisboa. Miguel Arce chegou a Foz en xuño de 2012 e superou as probas selectivas para a provisión dunha praza laboral no Servizo Municipal de Normalización Lingüística, mais antes de finalizar o seu contrato laboral na Mariña conseguiu destino como docente de Lingua e Literatura na comarca berciana. Agora con esta entrega editorial complementa o labor realizado na etapa anterior.
O espazo disponible na rede leva por título Foz Lingua Viva e está na dirección www.fozlinguaviva.wordpress.com. Nel podemos visualizar contidos sobre o cronista Suso Fernández e os historiadores Juan Ramón Fernández Pacios e Xesús Basanta Martínez; sobre o teatro de Manuel Lugilde Penelas e o Cadro de Declamación Focense (1927-1930), sen esquecer as contribucións a este xénero de Francisco Piñeiro González, en calidade de director dos grupos de afeccionados O Batán (de Cangas) e A Adala (de Fazouro). Complementan os contidos as referencias aos escritores nacidos ou vinculados con Foz (Vilar Ponte, Francisco Lourido, Noriega Varela, Manuel María, Ramón Reimunde, Luísa Castro, Paco Rivas, Laura Branco…) así como a panorámica do uso da lingua galega nas empresas e comercios locais, nas publicacións periódicas e nas entidades deportivas, entre outros.
Bernardo Penabade


















A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



