Ribadeo, 23 de agosto de 2013.- O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad tacha de “barbaridades” as declaracións postas de manifesto polo alcalde municipal, Fernando Suárez, nas que dá a “calada por resposta” ás preguntas da formación popular en relación a denuncia de que o edil Vicente Castro cobre un salario da Deputación mentres presta os seus servizos exclusivamente ao rexedor local.
Os populares locais, que denunciaron en reiteradas ocasións esta situación que pode ser constitutiva dun presunto delito de malversacións de fondos públicos, censura que Fernando Suárez se agoche e non sexa quen de dar a cara ante os veciños e explicar se comparte esta situación, que pode derivar nun caso de presunto financiamento irregular dun partido político.
O presidente dos populares asegura que esta situación amosa que “ao alcalde lle queda grande a alcaldía, cando se ve abocado a recorrer ao ataque persoal para defender un tema político”. López Penabad lamenta esta actitude, propia dun rexedor que se “veu cazado” e que non ten “explicacións que permitan amosar que non é certo un feito coñecido por todos os veciños”.
En relación as declaracións do rexedor, o popular respóndelle ao nacionalista que “tanto vostede como eu vivimos cada un na súa respectiva casa”, pero cunha diferencia –matiza- “vostede come dun salario público dependente de todos os ribadenses, incluído eu”, polo que segundo López Penabad “débese aos veciños que necesitan unha resposta ao respecto desta situación”.
Asemade, o popular chega a alertar das declaracións de Fernando Suárez que poñen de relevo a “falta de valores dun responsable político de cuxas afirmacións se pode extraer mofa ante unha situación de desemprego”, explica o popular quen engade que “ningún responsable político pode rirse de que un veciño non teña traballo”. Con esta actitude do alcalde incluso se pode chegar a deducir, censura o popular, máis ou menos, que todos os desempregados “somos uns incompetentes laboralmente”.
Dende o Partido Popular de Ribadeo, segundo explica López Penabad, non podemos aceptar estas declaracións tendo en conta que “preto de 1.000 veciños se vén afectados por unha situacións de desemprego”.
O popular esixe respostas
O presidente popular explica que quen xa está “farto” da actitude dun rexedor que falta a verdade é a súa formación política, que esixe respostas, xa que “nos atopamos ante un feito moi grave”.
Fernando Suárez “ten que dar a cara”, esixe o popular, e deixar claro ante os veciños, “aos que se debe” –matiza-, se é cómplice destes presuntos pagos irregulares. “Queremos saber se comparte esta situación”, pregunta o líder popular, e de non ser así, “que xestións prevé levar a cabo”, engade. “Pedirá a devolución do diñeiro percibido indebidamente ou pola contra pedirá a dimisión do edil”, enumera.




















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



