O sábado 31 de agosto celebrarase a VII Mostra Folclórica de Lourenzá na praza do Conde Santo. Comezará ás sete da tarde, ao remate da saída dos Cocos. Na mostra, organizada polo Concello de Lourenzá e a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez, actuarán a Escola Municipal Osorio Gutiérrez, de Lourenzá, e a Asociación Cultural Río Miño, de Portomarín. Se as condicións meteorolóxicas o permiten realizarase na praza do Conde Santo, pero en caso de choiva trasladarase ao pavillón polideportivo municipal.
Mostra Folclórica na praza do Conde Santo en Lourenzá
Mostra Folclórica na praza do Conde Santo en Lourenzá
Relacionado
-
O Museo Etnográfico de Trabada acolleu este sábado a xornada “Saberes e Sabores do Eo”
-
Este venres desenvolveuse nun día sollleiro a excursión ao Labirinto de Rinlo que planificaron os Concellos de Alfoz e Valadouro para promover alternativas de lecer e fomentar a convivencia na rapazada dos dous concellos que integran o val
-
Falece un home en Viveiro logo de ser rescatado da auga