Burela, 17 de agosto de 2013. O goberno local de Burela explicou hoxe que o Concello paga puntualmente ós provedores para contribuír a manter viva a economía e así conservar empregos no municipio. E acusa ó PSOE de intentar enganar ós veciños sobre os datos da débeda do Concello, que están a disposición dos grupos políticos no departamento de Intervención.
“En primeiro lugar os datos que nosoutros damos son certos, porque calquera grupo político pode velos en Intervención. Polo tanto o que lle pedimos ó Partido Socialista é que antes de opinar e de intentar enganar ós veciños que pasen por Intervención e que verifiquen se o que dicimos nosoutros é certo ou non. O que fan eles é unha auténtica desvergonzería política, porque opinan sobre o que non coñecen e intentan confundir á xente”, manifestou o equipo de goberno.
Para os responsables do goberno municipal “os socialistas non nos poden dar leccións de absolutamente nada en materia económica porque demostraron ó longo dos anos ser uns auténticos manirrotos e usar o diñeiro dos cidadáns pouco menos que ó seu antollo. Este señor Llano, que agora cobra 51.000 euros ó ano da Deputación; a señora López Villar, que no seu día fixo obras no seu piso sen pagar os impostos municipais; xunto cun sindicalista ó que lle gusta trepar na política pero que foi condenado nun xuízo de faltas por coacción, non nos poden dar leccións de nada”.
O equipo de goberno popular lembra que “eles deixaron 1.300.000 euros de facturas sen pagar e sen consignación orzamentaria, o que provocou o endebedamento do Concello. Eles puxeron en marcha as axudas dos 40 euros e despois tiveron que retiralas. Eles foron os que eliminaron as subvencións ós colectivos culturais. A señora López Villar obsequiounos nun Nadal cun calendario onde en todos os meses aparecía unha fotografía súa e pagámolo todos os bureleses. Eses señores, que hipotecaron ó Concello de Burela en 1.100.000 euros, deberían pagar eles o crédito que estamos costeando entre todos. Pero iso xa non é de agora: ó longo da historia os socialistas tratáronnos ós cidadáns de Burela bastante mal; aínda a día de hoxe estamos pagando a herdanza do goberno socialista de Cervo do que formaba parte o señor Rego González. Polo tanto, como se ve, nin uns nin outros nos poden ensinar nada en absoluto”.
O goberno local de Burela proponlle ó Partido Socialista que “antes de opinar consulte os datos e se é mentira que o digan, pero se son certos que teñan a prudencia de non botar a lingua a pacer antes de tempo. O que pasa é que eles non van polo Concello, porque os datos que temos nosoutros poderían telos tamén eles. Igual non lles interesa ir para non comprobar a veracidade do que nosoutros estamos dicindo. E iso demostraría, aparte de que son uns desvergonzados políticos por dicir as cousas sen consultalas antes, que o seu único obxectivo non é sanear a economía do Concello senón atacarlle ó Partido Popular e especialmente ó alcalde”.
Ademais o equipo de goberno considera “lamentable e patético que o Partido Socialista diga que non quere que se lle pague á xente porque iso significa empobrecer ós veciños. Iso foi o que fixeron estes señores durante os catro anos que gobernaron o Concello, provocando á aparición de 1.300.000 euros de facturas sen pagar. Iso si é empobrecer ós veciños, porque seguiron aumentando os impostos ó longo deses catro anos e, ó mesmo tempo, provocaron precisamente unha grave situación na economía do Concello. E que agora nos veñan intentando dar leccións sobre estes asuntos resulta realmente patético e lamentable. Se os socialistas cren realmente que pagar as facturas é empobrecer ós veciños que llo digan publicamente a todos e cada un dos provedores de Burela que traballan co Concello. Cando nosoutros chegamos ó goberno local, en xuño do ano 2011, a media de chamadas diarias ó Concello por parte dos provedores preguntando cándo ían cobrar era de entre 8 e 10. Agora a media dos provedores que chaman ó Concello para saber cando van cobrar é 0. E soamente hai que falar cos provedores do Concello, incluídos os de Burela, para ver como aumentou a confianza no Concello de Burela á hora de cobrar. E pagando puntualmente o único que se pretende é manter viva a actividade económica dos provedores do Concello para que poidan conservar empregos. E isto, nos tempos que corren, é a mellor forma de non empobrecer á poboación”.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



