A rotunda negativa, o constante boicot e a continua actitude axitadora á construción da Variante de Viveiro, por parte dos Gobernos municipais de PSOE-BNG, conseguiron que este municipio teña o tráfico máis conflitivo e caótico de toda a Costa Cantábrica.
Se a iso engadimos os enfrontamentos entre o alcalde e o seu equipo de goberno coa Policía Local, que trascenderon ó terreo xudicial, fan que a situación se vexa agravada pois non está presente ningún policía local que contribúa a atenuar o tráfico existente, con gran sorpresa de veciños e visitantes, que soportan estoicamente colas interminables en todos os accesos a Viveiro.
Ditos enfrontamentos entre Policía Local e Alcalde, chegaron a tal punto que traspasaron o ámbito administrativo ó ámbito xudicial sendo unha constante as múltiples denuncias e recursos xudiciais que os membros deste colectivo realizan contra o equipo de goberno ante o incumprimento de este dos seus propios acordos e compromisos. Por certo, litixios xudiciais que ata o momento foron sempre gañados polos Policías Locais, pois incluso o Concello nin sequera se personou en tales causas, o que pon de relevo a desidia, abandono e ineficacia do alcalde e o seu goberno.
O PP de Viveiro ve con preocupación a imaxe que se está dando de Viveiro; pois, ademais dos problemas xa mencionados do tráfico, a suciedade das rúas e das zonas máis concorridas é patente e insultante para os cidadáns de Viveiro, que ven que como o que fora noutrora Municipio de Excelencia Turística se vai degradando ante a falta de preocupación e solución dos problemas cotiás, a pesar das elevadas taxas e impostos que estes veciños pagan e a quenes se lles está tratando de envolver na gran farsa de que, ditos impostos, se incrementaron para mellorar os servizos.
O PP de Viveiro encontra inquietante a situación do municipio e a falta de seriedade coa que o alcalde e o seu equipo acometen este problema, posto que desde que asumiron a gobernabilidade de Viveiro, este se foise sumindo no máis absoluto abandono e illamento baixando escadas continuamente con respecto a outros municipios e empobrecéndose ata límites inasumibles, esixindo un cambio de actitude na xestión municipal e unha maior participación do resto das forzas políticas municipais ó obxecto de contribuír a mellorar a xestión e a imaxe municipal.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



