Burela, a 29 de agosto de 2013.- A Xunta Directiva do Partido Popular de Burela ratificou hoxe por unanimidade a liña de traballo a seguir hasta fin de ano proposta polo Presidente local, José María González Barcia, para incidir fundamentalmente no achegamento do partido á sociedade baixo unha doble perspectiva: a de escoitar as demandas que fai a sociedade e transformalas en propostas asumibles de goberno, por un lado, e a de explicar con total claridade o traballo que se fai desde o goberno municipal e desde o partido, e tamén desde o goberno da Xunta e o da nación.
O portavoz da Agrupación Local, José Luis Lois Losada, afirmou que “deste xeito, vaise dando cumplimento ó estipulado no congreso local celebrado hai dous meses. Celebraremos en breve unha asamblea de afiliados, problemente na segunda ou terceira semana de setembro, para dar paso a alomenos cinco reunións con vecinos noutros tantos barrios da vila. Paralelamente, poñeremos en marcha e activares os grupos de traballo de áreas, ainda que un deles xa está funcinando”.
Ademais, a Xunta Directiva local do PP valorou satisfactoriamente a ratificación do compromiso do Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, de levar a cabo as obras do acceso ó porto burelés. Lois Losada manifestou que “esta obra queda blindada co anunciou feito polo conselleiro, xa que para o ano que vén nos presupostos da Xunta deberá haber consignación suficiente para licitar a obra, adxudicala e executala”.
O portavoz da Agrupación Local burelesa foi moi crítico co PSOE, especialmente co portavoz socialista Alfredo Llano: “quen puido facer a obra e non a fixo, quen paralizou a obra, quen calou a boca para non molestar á Xunta bipartita, non tén ningunha autoridade moral para fala deste asunto. Llano non fixo nada, calou sempre a boca; en dous anos que leva na oposición nunca falou deste asusnto e agora que se fai un anuncio serio e con rigor saca unha nota que evidentemente non a fixo el senon que lla escribiron dende a Deputación, porque non é capaz de decir tantas sandeces”.
“A conclusión que sacamos é que ó PSOE nin lle gusta a obra, nin lle gusta falar dela, porque é desentarrar os fantasmas da ineficacia e do aproveitamento político dos cartos de todos, como tentou facer con esta obra. E o peor de todo, na etapa do bipartito había cartos e non foron capaces a facer a obra”, engadiu Lois Losada.
“Pola contra, manifestou, o PP tén a cabeza alta co acceso ó porto: foi o PP quen fixo o proxecto, foi o PP quen puxo consignación presupostaria nos orzamentos de 2005…; e despois do desaguisado do bipartito, tivo que ser de novo o PP quen, ante a paralización das obras por parte do bipartito e a súa ineficacia para sacar a obra adiante, redactase e aprobase un novo proxecto, quen de novo consigne fondos nos presupostos da Xunta e vai ser o PP quen faiga esta obra. E non podemos esquecer que o PP goberna na Xunta e no Concello de Burela”.
Polo tanto, “os socialistas deberían ser máis cautos: perderon unha ocasión de ouro para facer unha oposición elegante, apoiando a obra e esixindo axilidade. Pero non, elixiron o camiño da descalificación e da confusión, mezclando esta obra co Hospital”, afirmou José Luis Lois Losada. “Por certo, queremos preguntarlle ó Sr. Llano, profesional da pancarta a cambio de 51.000’00€ anuais, cantos ladrillos do Hospital se levaron xa para Lugo e cantos servicios se pecharon”.
Finalmente, Lois Losada manifestou que “o PP burelés seguirá n aliña que nos temos marcado, de xestionar as obras e as actuacións fundamentais para Burela, apoiando a política do alcalde González Barcia e do seu equipo, que vai na liña de facer plantexamentos serios e rigurosos en todo aquello que beneficie a Burela, como se veu por exemplo no rebaixe da zona de afectación da variante, algo que agora non se valora pero que se valorará dentro duns anos; ou na mesma obra do acceso, que soubo levar con tacto”.
Lois Losada desvelou que o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e o alcalde de Burela, José María González Barcia, falaron do acceso ó porto en Sober, durante os actos da saída da Vuelta a España.

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



