Ribadeo, 20 de agosto de 2013.- O Partido Popular de Ribadeo esíxelle explicacións ao rexedor local, Fernando Suárez, logo de facerse público que un edil do seu goberno forma parte da trama de traballadores liberados ao servizo do BNG que perciben un salario da Deputación pero que prestan labores políticas ao seu partido, no lugar de realizar as funcións propias do seu posto de traballo.
O PP de Ribadeo explica que Vicente Castro é a man dereita do alcalde nacionalista, polo que consideran necesario que o rexedor dea explicacións ao respecto e máis tendo en conta que esta situación, segundo sospeita o propio PP local, pode ser constitutiva dun presunto delito de malversación de fondos públicos, ao estar percibindo un salario sen realizar as funcións polas que foi contratado e sen, sequera, desprazarse ao seu posto de traballo no ente lucense.
Os populares municipais denuncian o abuso de poder do goberno que lidera Fernando Suárez, que está a liberar ao seu servizo un traballador da Deputación Provincial de Lugo e provocando que un empregado provincial en vez de traballar co vicepresidente da Deputación, tal e como se recolle no seu decreto de nomeamento, o faga co alcalde de Ribadeo.
Feito, que segundo o PP de Ribadeo, é notorio e coñecido por todos os veciños, tanto é así que o día a día no edil nacionalista transcorre no Concello mariñán sen pisar a cidade lucense, realizando labores ao servizo do goberno municipal nacionalista. En concreto, o propio PP local explica que calquera veciño da localidade pode avalar esta situación, ata o punto de que se despraza nun coche de titularidade municipal.
Solventar antes os propios problemas
Os populares de Ribadeo consideran que o alcalde nacionalista non está lexitimado para pedir dimisións noutros partidos políticos, tendo en conta que leva anos aproveitándose, conscientemente, dunha situación que pode incluso constituír un delito.
Polo que ante esta situación, o PP de Ribadeo esíxelle a Fernando Suárez que dea a cara e explique esta situación, ao tempo que lle piden que atenda a solventar os seus propios problemas nos que leva reincidindo os últimos anos, antes de atender ás situacións alleas.
















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



