Burela, 25 de agosto de 2026. O Concello de Burela repón as catro casiñas de intercambio de libros distribuídas pola vila con novos exemplares, co obxectivo de darlles unha nova vida, achegar a lectura aos espazos públicos e que se compartan libros de maneira libre e gratuíta entre a veciñanza.
Dende o Concello poñen en valor a boa acollida e a conservación dos libros e do servizo, baseado no intercambio, na confianza e no coidado do espazo público.
Algúns dos novos exemplares estaban en dependencias do Concello e outros proceden da Biblioteca Municipal. Agora pasarán a estar nas rúas, ao alcance da cidadanía, para comezar a viaxar de man en man por Burela e atopar novas lectoras e lectores.
A alcaldesa de Burela, Carmela López, e a concelleira de Cultura, Lina Gómez, participaron estes días na selección e reposición de libros nos diferentes puntos de intercambio da vila.
A actuación serve tamén para poñer en valor o bo funcionamento dun servizo que non é novo, e que xa tivo unha excelente acollida desde a súa implantación. Co paso do tempo, as catro casiñas mantéñense en bo estado, seguen sendo utilizadas e consolidáronse como pequenos puntos de acceso á lectura integrados nos espazos públicos de Burela.
“Estamos especialmente satisfeitas de comprobar que as casiñas seguen aí, coidadas e funcionando”, sinala a concelleira de Cultura, Lina Gómez. “É unha demostración de que cando ofrecemos espazos para compartir, confiamos na veciñanza e facemos á xente partícipe do público, a resposta é boa”, engade.
Catro puntos para coller, ler e compartir
Burela conta actualmente con catro casiñas de intercambio, situadas no Parque do Hospital, no Parque Rosalía, na contorna da praia urbana e na Marosa. O seu funcionamento é moi sinxelo e non require ningún tipo de rexistro: calquera persoa pode achegarse, escoller un libro, levalo para ler e posteriormente devolvelo ou deixar outro exemplar no seu lugar.
O Concello anima tamén ás veciñas e veciños a participar activamente na iniciativa, incorporando aqueles libros que teñan na casa, que xa leran e que queiran compartir para que poidan ter unha nova vida noutras mans.
Deste xeito, as casiñas funcionan como pequenos puntos de lectura e intercambio ao aire libre, complementarios á Biblioteca Municipal e situados en lugares de paseo, encontro e lecer.
“Ás veces non fan falta grandes proxectos para conseguir cousas bonitas: Unha pequena casiña de madeira, uns libros e o compromiso de coidalos permiten levar a lectura aos nosos parques e paseos e facer que un mesmo libro poida ser desfrutado por moitas persoas”, destaca Gómez.
Desde o goberno local considérase especialmente positivo que, pasado o tempo desde a súa instalación, as casiñas continúen cumprindo a súa función e se manteñan coidadas, como exemplo de respecto polo que é de todas e todos e de responsabilidade compartida sobre os espazos públicos.
O Concello continuará repoñendo exemplares e promovendo o uso destes puntos de intercambio, ao tempo que anima á cidadanía a seguir contribuíndo a mantelos vivos baixo o lema de “Coller, ler, compartir e devolver. Catro pequenas casiñas para que os libros sigan percorrendo Burela”.






















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



