Ribadeo, 9 de agosto de 2013. O presidente do Partido Popular en Ribadeo, Jesús López Penabad, destacou que as melloras que se levarán a cabo no campamento xuvenil que está na parroquia da Devesa, cun presuposto de 157.000 euros, son unha mostra máis dos investimentos que fai a Xunta de Galicia no municipio ribadense.
O PP de Ribadeo agradece “a visita que fixeron onte o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato; e a xefa de servizo dese departamento da Xunta, Belén Casas Carreira, ó campamento da Devesa, onde estiveron vendo as instalacións e os acampados que alí están así como os monitores, que lles mostraron o traballo que están a desenvolver, evidentemente relacionado co mar, pois non podía ser doutra maneira pola proximidade que ten. Baixaron ata a praia, viron as clases que lles estaban dando de surf e skite pola zona, aparte de estar no propio campamento”.
Jesús López Penabad destacou “a noticia que nos veu dar o director xeral, que é o mantemento, adecuación e renovación das instalacións do campamento da Devesa, onde a Xunta vai investir 157.000 euros nestas obras que se van facer antes da seguinte campaña de verano. Repararanse cubertas que están deterioradas, gretas e faranse outras melloras para poñelo en boas condicións. É de agradecer esta inversión da Xunta en Ribadeo que se engade a outras moitas que fai a administración autonómica no municipio, aínda que se nos queixa o noso alcalde, pero aquí está outra mostra máis dos investimentos da Xunta”.
O presidente dos populares ribadense tamén comentou que “tanto no conxunto de Galicia como na provincia de Lugo séguense mantendo as cifras nos campamentos xuvenís que houbo nos anos anteriores. A pesar desta crise que estamos a sufrir non houbo recortes neste sentido e seguimos con un número importante de acampados, que son 2.000 na provincia de Lugo, e de monitores. É de agradecer o esforzo inversor que se está facendo e os froitos van verse no campamento que temos na Devesa”.


















Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.



