Lugo, 9 de agosto de 2013. A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo aprobou, na súa reunión desta mañá, as subvencións da área de Cultura correspondentes á anualidade 2013 valoradas en 540.000 euros. Estas axudas están destinadas á realización de eventos e actividades culturais anuais organizadas por entidades asociativas e concellos e a sufragar os gastos derivados da mellora de instalacións e equipamentos culturais nas entidades locais.
O número de solicitudes recibidas por parte de asociacións culturais é similar ás recepcionadas na convocatoria do ano anterior, superando as 500 peticións. Nesta ocasión, presentáronse 547 solicitudes entre as que se repartirá un orzamento de 400.000 euros. Para a promoción e realización de actividades culturais anuais, 250 entidades percibirán até un máximo de 8.000 euros e para a celebración de eventos culturais, 251 asociacións recibirán, cada unha, un máximo de 6.000 euros.
Segundo explicou Antonio Veiga, trátase dun total de 501 axudas a entidades culturais; “cifra elevada que demostra o compromiso do goberno provincial coa cultura de base. A Deputación de Lugo é a única administración, ademais dos concellos, que mantén axudas para as asociacións culturais despois de que o Goberno galego retirara esta liña de subvencións amosando o nulo valor que lle da á cultura, a cal entende unicamente como espectáculo. A gravidade de que a Xunta de Galiza non apoie as asociacións culturais de base vai máis aló, xa que demostra como o Partido Popular entende a democracia.” Neste senso, o vicepresidente da institución recordou aos populares que “non pode haber democracia sen instrumentos para a participación social. A cultura non se pode construír a base de espectadores, senón con cidadáns activos no proceso de produción da mesma.”
En relación ás solicitudes de axuda para investimentos e equipamentos culturais e gastos correntes derivados da realización de actividades culturais organizadas polos concellos lucenses supérase, un ano máis, o centenar de peticións. A área de Cultura, dependente da Vicepresidencia da Deputación, recibiu 57 solicitudes para investimentos e adquisición de equipamentos culturais ás que se destinarán un total de 80.000 euros, e 59 peticións de subvención para os gastos correntes derivados da realización de actividades anuais e eventos culturais aos que se dedicarán 60.000 euros. Os concellos recibirán un máximo de 5.000 euros para asumir os gastos correntes derivados da celebración de actividades culturais de carácter anual e até 2.500 euros para actividades culturais eventuais.
Das solicitudes presentadas polos concellos, un total de 126, só hai dúas desestimadas, en concreto na categoría de axudas para gastos correntes de eventos culturais. Para o vicepresidente da Deputación este dato “pon de manifesto como desde o ente provincial se considera que deben ser as relacións entre administracións; as cales deben basearse en dar resposta ás necesidades do pobo e non en fundamentos ideolóxicos.” A este respecto, lembrou que a Xunta de Galiza deixou a concellos lucenses non gobernados polo Partido Popular sen escolas taller, “algo que non acontece nin acontecerá na Vicepresidencia desta institución porque non se mira a cor política dos solicitantes.”
A Deputación de Lugo, e en concreto a Vicepresidencia e a área de Cultura, amosa con esta liña de axudas, que se aproban en base a criterios obxectivos e nunha mesa de valoración formada por un membro de cada unha das tres forzas políticas con representación na institución e por funcionarios, o seu apoio ao tecido cultural lucense e a súa confianza no asociacionismo cultural da provincia. Antonio Veiga rematou a súa intervención recordando que “Lugo é a provincia galega cun tecido asociativo máis amplo, plural e diverso, en boa medida pola política cultural que estamos a facer desde a Vicepresidencia da Deputación, centrada en potenciar o asociacionismo cultural de base.”























Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



