Lugo, 13 de agosto de 2013.- Os Grupos Municipais do Partido Popular de Lugo rexistrarán en todos os concellos da provincia unha moción de reprobación na que pedirán a dimisión de Antón Veiga como máximo responsable da trama de asesores da Deputación que percibían un soldo por formar parte da área de Cultura do goberno provincial pero en realidade traballaban ao servizo do Bloque para tarefas orgánicas e partidistas. Na moción pídese tamén o BNG devolva estes soldos que entenden indebidamente percibidos -entorno aos 200.000 euros.
Os populares destacan que esta flagrante irregularidade -que podería incluso ter relevancia xurídica- é pública notoria xa que se pagou con diñeiro público -procedente dos petos de todos os lucenses- a unha serie de persoas que non realizaban as funcións para as que foron contratadas.
BESTEIRO E VEIGA
Os populares insisten en que sobre esta particular debe ser censurada a actitude de permisividade cómplice da que é protagonista o presidente Jose Ramón Gómez Besteiro. Ao mesmo tempo esixen esperan o cese o dimisión inmediata do que sinalan como “máximo responsable da trama” o vicepresidente primeiro do ente provincial, Antonio Veiga, que non so coñeceu e amparou esta trama, senón que incluso puido deseñala.
BIPARTITO: SECTARIO E PARTIDISTA
Desde o Partido Popular esixen unha reprobación destes feitos por parte dos concellos lucenses que non teñen na Deputación unha administración aliada senón que observan con enorme preocupación como se converteu nun ente ao servizo do sectarismo e do partidismo máis atroz.
RECOÑECEN A IRREGULARIDADE
As múltiples denuncias realizadas polo Partido Popular en relación con este asunto non teñen servido polo momento máis que para motivar unha moi peculiar corrección de erros pola que a Deputación de Lugo -con dous anos de atraso- acorda modificar o nomeamento destas persoas e adscribilas, non a unha área de goberno, senón ao Grupo Provincial do BNG.
Os actos propios do bipartito na administración provincial demostran que a situación descrita con anterioridade era como mínimo irregular -aínda que moi probablemente tamén implica algún tipo de responsabilidade doutra índole que corresponde xulgar á xustiza-. Con todo, parece evidente que os salarios públicos foron percibidos indebidamente.
Ante a gravidade dos feitos descritos e o prexuízo que ten provocado esta situación tanto á propia Deputación de Lugo como ao conxunto dos lucenses que sufragaban cos seus impostos este tipo de gastos, os distintos Grupos Municipais do Partido Popular defenderán que é preciso esixir que se depuren as responsabilidades políticas oportunas.
POLO MENOS CATRO PERSOAS
Os populares detectaron que, polo menos, catro persoas teñen incorrido nesta trama: Xoán Antón Estúa, Xesús Méndez Rodríguez, Emilio López e Ricardo Rodicio González. Todos eles recibían un soldo como traballadores eventuais da área de Cultura pero en realidade prestaban os seus servizos para a formación nacionalista, incluso facéndoo desde os concellos nos que residen, lonxe das instalacións da Deputación na cidade de Lugo.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



