Riotorto- 24 de agosto de 2013.- Os concelleiros do Partido Popular de Riotorto solicitarán formalmente a convocatoria dun pleno extraordinario para evitar que o Equipo de Goberno local renuncie á construción da residencia da terceira idade e centro de día no municipio.
A normativa faculta aos concelleiros populares, que forman parte do grupo político máis votado no concello, a realizar esta solicitude e o alcalde está obrigado por lei a convocar nas vindeiras datas a sesión extraordinaria que de xeito monográfico trate esta cuestión
INVESTIMENTO FÓRA DO CONCELLO
Desde o Partido Popular acusan ao rexedor nacionalista, Federico Gutiérrez Estoa, de antepoñer os intereses partidistas aos do conxunto dos veciños, isto é así porque no Grupo Popular manteñen a súa sospeita sobre a existencia dun pacto dentro do BNG para que o investimento previsto na residencia de Riotorto se traslade e beneficie outro concello da Mariña. Neste senso lamentan a falta de influencia do alcalde, dentro do BNG, e a súa incapacidade para esixir que a Deputación cumpra cos compromisos que adquiriu en Riotorto, neste caso, achegar o financiamento necesario para a construción da residencia e centro de día
Os populares non renunciarán a que os veciños do concello poidan beneficiarse dunha infraestrutura de benestar para a atención á persoas maiores e dependentes e moito menos que esta renuncia sexa consecuencia da falta de xestión e deixadez de funcións do equipo de goberno local, que nun primeiro momento foi incapaz de adquirir os terreos precisos para a súa construción, pese a ter solicitado un crédito con este obxecto, e agora renunciando anticipadamente a que poida executarse esta obra.
Os populares consideran que a sesión plenaria extraordinaria será unha boa oportunidade para demostrar quen aposta e quen non pola residencia e centro de día e lamentan que se intente culpabilizar a outras administracións como á Xunta a que nin tan sequera teñen consultado sobre a procedencia deste tipo de instalacións.
VOTO FAVORABLE Á PETICIÓN DO PP
Gutiérrez Estoa e o resto dos concelleiros nacionalistas e socialistas do Equipo de goberno teñen na súa man demostrar que están a favor deste investimento votando favorablemente á petición que formula o Grupo Municipal Popular, isto é, realizar as xestións que sexan oportunas para manter, impulsar e executar o proxecto de apertura dunha Residencia para persoas maiores en Riotorto, achegando a subvención comprometida pola Deputación.
Os populares lembran que A Fonsagrada, Trabada e Pol terá unha residencia, que reúnen as mesmas condicións que a que se tiña previsto construír en Riotorto, salvo que nestes concellos probablemente hai unha xestión máis responsable e non hai alcaldes tan negativos para os seus veciños como o noso, que quere poñerse a venda antes que a ferida, renunciando a un equipamento que prometeu, enganando en definitiva ao conxunto dos veciños.



















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



