Dende mañá xa estarán á venda as entradas para o partido de presentación 2013-14 do Burela FS Pescados Rubén de Primeira LNFS que enfrontará a escuadra de Juanlu co Inter Movistar (sábado 31, 20.30, Vista Alegre).
Non socio/a adulto/a: 10 euros
non socio/a menor de 18 anos (0-18): 3 euros
Para os socios laranxas será gratuíto (imprescindible presentar carné de abonado 2013-14).
As persoas interesadas poderán adquirir a súa entrada na sede laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo) ata o venres, día 30, entre as 10.00-14.00 e as 16.00-19.00 horas.