A Mariña, 14 de setembro de 2013. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña denuncia que os recortes orzamentarios no Servizo de Atención Primaria de Ribadeo en dotación de persoal sanitario fan retroceder ao ano 1985 o cadro de persoal despois de perder unha praza en enfermería, unha de Persoal de Servizos Xerais e agora unha praza médica. A Plataforma considerou inadmisíbel esta redución do persoal que contrasta co medre poboacional- mil habitantes mais que en 1985 – , cos incrementos de poboación estacional ou coa dispersión, polo que non admite a retórica da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo que xustifica estes recortes como se foran melloras cando os recortes nunca son melloras.
A Plataforma chama á poboación ribadense a concentrarse o mércores 18 ás 11:30 nas inmediacións do Centro de Saúde.
A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña convoca unha concentración nas inmediacións do Centro de Atención Primaria de Ribadeo o próximo mércores 18 ás 11:30 como protesta pola eliminación dunha praza médica neste centro que xunto con outros recortes de persoal como unha praza de enfermaría e outra de Servizos Xerais devolven o cadro de persoal do centro ao ano 1985.
Dende a Plataforma consideran que a cidadanía ten que rebelarse e saír á rúa para defender os seus dereitos como usuarios e usuarias da sanidade pública e non permitir que a Xerencia de Xestión Integrada continúe co seu programa de recortes de persoal que degradan de forma constante a calidade asistencial.
O SERGAS cos seus recortes devolve o cadro de persoal do Centro de Saúde Ribadense ao ano 1985 cando a poboación censada medrou en mais de 1000 habitantes.
Segundo informan, o censo de poboación en Ribadeo medrou dende 1985 en mais de 1000 habitantes, pasando de 8.973 en 1985 a 10.061 segundo o último padrón publicado, boa parte dela reside en zonas dispersas, recebe poboación visitante non só en determinadas épocas do ano senón de xeito permanente; á vista das últimas medidas adoptadas ningún destes factores parecen ter relevancia para o SERGAS que aplica constantes recortes de persoal que levaron ao centro de asistencia primaria de Ribadeo a unha situación comparábel ao ano 1985 tras perder unha praza de enfermaría, unha de Persoal de Servizos Xerais e agora unha praza médica.