Mondoñedo, 14 de setembro de 2013- O Partido Popular de Mondoñedo lamenta a xestión do alcalde que ten recursos económicos para a posta en valor do turismo, “porén non é quen de actuar”, así, dunha maneira máis concreta, dende o PP pedirán explicacións en pleno a Orlando González, sobre o motivo que levou ao nacionalista a contratar unha persoa para a oficina de turismo só no mes de setembro, cando a subvención que lle concedera a Xunta de Galicia incluía tamén xullo e agosto
O PP explica que ao concello de Mondoñedo lle foi concedida unha subvención por importe de 4.846,65 euros, por parte da Axencia de Turismo de Galicia, dependente de Presidencia, -Xunta de Galicia- , ao abeiro da convocatoria para concellos declarados municipios turísticos para a contratación dun reforzo na oficina de turismo durante os meses de xullo, agosto e setembro.
Sendo concedida a subvención para os tres meses de verán, o rexedor non contratou o traballador ata setembro, un feito, que os populares “din non entender” e polo que o alcalde deberá responder ao PP, dando conta a maiores si se perde a restante contía da subvención.
Ante esta situación, dende o PP local condenan que o nacionalista deixase de crear durante xullo e agosto un posto de traballo “de tanta necesidade e demanda para os mindonienses”. Un feito que, segundo os populares, só vén a demostrar que ao alcalde “non lle importan os veciños”, do contrario “non os privaría dunha oportunidade para a que existía diñeiro”.
Orlando González deberá dar explicacións sobre este desatino na próxima sesión plenaria, porén, os populares mindonienses consideran que “esta situación é inexcusable e prexudica a dinamización e ao pulo dunha localidade que ten no turismo un dos principais inxectores da economía municipal”
“Atopámonos cun alcalde que ten recurso para a posta en valor do turismo, pero que pola contra non é quen de actuar”, reiteran os populares.
Un alcalde que retrotrae ao municipio
Os populares desaproban que Orlando González no lugar de “reactivar o municipio e levar a cabo políticas dinamizadoras, estea a pór de manifesto unha xestión que retrotrae ao concello, que o afoga e lle impide buscar unha saída” ante a situación na que se atopa froito da crise que está a afectar de maneira moi profunda ao concello tralo peche da principal empresa da localidade.
O turismo, segundo explican os populares, é unha das áreas potenciais do municipio, que dende a “administración local se debe potenciar”, polo que “é inadmisible” que o nacionalista desaproveitase a oportunidade de contratar unha persoa durante os meses de xullo e agosto, sendo “a época de maior demanda”.
O goberno local véndese pero logo non actúa
O goberno local contradise na súa actuación tendo en conta que chegou a aprobar unha moción presentada polos populares na que pedían que se impulsara a oficina, como unhas das principais medidas para dinamizar o turismo local.
Os populares lamentan que mentres o seu partido está a impulsar iniciativas para promocionar o turismo local e analizar as potencialidades da localidade; o goberno local de cara ao público amósese proclive á colaboración e mesmo ten un plan de dinamización turística; sen embargo, trala control da súa xestión evidenciase “un equipo de goberno desinteresado e despreocupado por Mondoñedo e polos mindonienses, privándoos de iniciativas que impulsarían a economía local”.
Os populares consideran que de pouco serve un Plan Estratéxico do Turismo, que supuxo un custo de preto de 4.000 euros, ao que se lle suma a pretensión de gastos de 77.500 euros solicitado á Deputación para o Plan de Acción Turística, cando non se reforzan os principais instrumentos dentro de calquera plan, como é a información na oficina de turismo, tal e como puxeron de manifesto técnicos consultados polo PP durante as súas xornadas de traballo para impulsar o turismo local.
Polo tanto, os populares reproban que teñamos unha oficina de turismo que non abre en días de gran demanda, como é na Semana Santa, e non se reforza durante os meses de xullo e agosto pese a ter unha subvención concedida para tal fin.

















Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz



