Cervo, 10 de setembro de 2013- A edil de Medio Ambiente e Turismo, Begoña Alonso, considera “inmoral” que o PSOE de Cervo fale das praias cando “son ellos los que mejor conocen el sistema de saneamiento que hay en San Ciprián después de gobernar 12 años”. Alonso convida aos socialistas a explicarlle á veciñanza “que tipo de saneamiento tiene en la actualidad San Ciprián y donde desembocan las canalizaciones”.
Pero para a edil, o máis grave é que “el gobierno de Cervo quiso mejorar la situación y construir una depuradora para San Ciprián, que impulsaba y financiaba la Xunta del PP” e que foi adxudicada no 2005, pero coa entrada do bipartito “PSOE y BNG decidieron cancelar la obra sin más motivo que el de privarnos de este servicio”. Alonso explica que “el bipartito, con la complicidad del PSOE de Cervo, pagó miles de euros para que la depuradora no se construyese”, o que quere dicir que “prefirieron pagar 200.000 euros a la empresa para rescindir el contrato antes que invertir 6,3 millones en un servicio como el saneamiento de todo un pueblo”. Unha actitude que tilda de “enorme irresponsabilidad” e que retrasou durante anos a posta en marcha dun saneamento real e eficaz en San Ciprián.
Por iso Alonso dálle as grazas á Xunta, que fixo posible a actual EDAR de San Ciprián, cuxa obra foi rematada, e que tamén está construíndo o emisario submarino, unhas infraestruturas coas que “mejorará notablemente la calidad del agua de nuestras playas”. Ao mesmo tempo, a edil lembra tamén que o caso do núcleo de Cervo é semellante: “Todo el mundo sabe que la primera vez que hubo saneamiento en Cervo fue este año, y el que quiera saber en qué condiciones se vertía el agua al río hasta entonces, que le pregunte al PSOE, que conoce todos los detalles”.
A edil quere deixar claro tamén que “en los últimos años los parámetros para medir la calidad del agua son más duros y estrictos, pero tenemos el mismo saneamiento que en la época del PSOE” e o que hai uns anos era abondo para obter unha bandeira azul, hoxe non o é.
Tamén é importante subliñar que o Concello informou en todo momento das análises realizadas ás augas das praias, e que os carteis tiñan que ser repostos xa que desaparecían continuamente. Do mesmo xeito hai que especificar que a calidade das augas de dúas praias foi cualificada de insuficiente, o que non significa que non sexa apta para o baño nin que estea prohibido. Neste sentido a edil acusa aos socialistas de “alarmismo” e de tentar “espantar a nuestros turistas”. “La actitud del grupo socialista es una imprudencia y una insensatez porque no hace más que daño a nuestros hosteleros y comerciantes”.
EDAR de Cervo
Begoña Alonso tamén quere facer públicos os resultados das análises das augas de Rueta realizados despois da entrada en servizo da depuradora. “Desde que funciona la EDAR, los informes son positivos, lo que demuestra que la clave para mejorar la calidad de las aguas es la puesta en marcha de un sistema de saneamiento y depuración real, y no el llamado saneamiento que había hasta entonces y del que el PSOE es perfectamente conocedor”.


















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



