A Peña Deportivista de Burela convoca unha Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar o vindeiro sábado 28 de setembro no Salón de Conferencias (antiga biblioteca) do Concello de Burela. A asemblea dará comezo ás 11:00 en primeira convocatoria, e ás 11:30 en segunda convocatoria, cunha orde do día que recolle a presentación do balance económico do 2012/2013, do programa de actos para a presente temporada, a proposta de novo socio de honra da Peña e a convocatoria de eleccións á xunta directiva. Ademais, lembran que este ano a Peña Deportivista de Burela xoga a lotaría nacional co número 07104, que se pode adquirir falando con membros da xunta directiva ou no Restaurante Sargo, Cafetería Atrezzo, Bar Vista Alegre, Establecementos Quelvi ou Pomeda Concesionario Peugeot. Por outra banda, fan saber que a comezos de setembro se comezaron a pasar os recibos aos socios e socias que o teñen domiciliado.




















Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



