José Ramón Gómez Besteiro, candidato electo á secretaría xeral do PSdeG, estivo este sábado no encontro socialista de Oroso, onde incidiu ante os compañeiros e compañeiras de partido no “ataque sen precedentes ao municipalismo que supón a reforma local que pretende a dereita”, e afirmou que “Feijóo trata de darlle leccións aos concellos e convertilos en máximos culpables do déficit”, mentres os datos coñecidos estes días confirman que “duplicou a débeda de Galicia en só catro anos”. Así, resalta, “coa dereita de Feijóo, Galicia pasou de deber 4.800 millóns a case 9.400, e non precisamente coa fin de empregar os cartos para avanzar en servizos públicos de calidade e impulsar proxectos de futuro, razóns polas que unha institución pode aumentar o gasto público”.
Gómez Besteiro, que alabou a xestión de municipios como o de Oroso, destacou que “os datos son aplastantes e desmoronan ese papel de gran xestor que pretende interpretar o presidente da Xunta; a dereita non xestiona mellor e ademais afúndenos máis na crise, someténdonos a uns recortes sen saída porque non ten un proxecto de país”. O socialista lembrou que “precisamente son os concellos os que están a realizar un maior esforzo e os que melloran os datos de déficit público”, polo que “a dereita de Feijóo ten que render contas e explicar por que Galicia cada vez vai a peor mentres a débeda non deixa de subir a unha velocidade moi preocupante”, un 23% só no último ano. “Nin desprazando facturas por 491 millóns de euros nos últimos anos, como denunciou o Consello de Contas, son capaces de distorsionar o resultado, non hai maquillaxe que tape isto”, destacou.
Os datos do PIB agravan a situación
Besteiro fixo referencia, asimesmo, a datos como que mentres a débeda medra, o PIB galego non deixa de caer. Así, en 2009 a débeda supoñía o 8% do PIB da comunidade e agora representa case o 17%, e se antes gastabamos 3 de cada cen euros en pagar a débeda e os intereses, hoxe son 11 de cada cen. “Coa dereita de Feijóo cada vez temos menos marxe de actuación, e xa somos a quinta comunidade de España máis endebedada”, afirma o socialista, que desde a súa chegada á Deputación de Lugo reduciu nun 60% a débeda, case o 20% o pasado ano, “pero incrementando os servizos públicos na provincia e garantindo a cobertura en moitas ocasións de competencias que lle corresponderían á Xunta, que non existe na provincia”. Segundo os datos oficiais do Ministerio de Facenda, a Deputación lucense é a institución provincial galega menos endebedada.


















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



