Este xoves, e coa presenza de técnicos de BEGASA e de INELSA, esta última, empresa que desenvolveu o proxecto, púxose en marcha unha nova instalación fotovoltaica en Xove.
Trátase dunha instalación para autoconsumo do Centro Cívico (piscina, pavillón, Casa da Cultura, Concello..). O proxecto, denominado “Instalación de enerxía solar fotovoltaica para consumo no Concello de Xove”, desenvolto como xa dixemos pola empresa INELSA de Sanxenxo, consistiu na instalación de paneis fotovoltaicos na cuberta da Piscina Municipal de Xove. Trátase dunha instalación de ata 36 kw (quilovatios) de potencia nominal. A enerxía que produce esta instalación vértese na rede xeral do Centro Cívico, minorando o consumo eléctrico do mesmo, o cal, loxicamente, vaise ver reflexado finalmente nas facturas que o Concello pague á empresa eléctrica que lle subministra; trátase, polo tanto, dunha instalación que vai a contribuír significativamente a diminuír a factura eléctrica do noso Concello.
Ademais do sinalado, esta instalación ten un gran beneficio medioambiental, xa que con esta instalación contribúese a reducir as emisións de CO2. Segundo a información facilitada pola propia empresa INELSA, a redución é de 0,53 quilogramos de CO2 por cada quilovatio hora producido.
O presuposto inicial desta instalación era de 126.247,90 euros, pero tivo unha importante baixa no concurso de adxudicación, quedando finalmente en 77.516,21 euros. Desta cantidade o Concello aportou uns 20.500 euros, sendo a cantidade restante aportada por unha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



