Espazo Ecosocialista reafirmou a súa proposta de facer unha candidatura aberta e plural das esquerdas estatais e nacionais para facer fronte a Troica e as políticas de axuste e aproveitar a ocasión para rachar o modelo bipartidista PP-PSOE que sustenta o réxime.
Para Espazo Ecosocialista é moi importante que nas europeas se visibilice a maioría que rexeita as políticas de recortes sociais, ataques medioambientais e recentralización que está a xestionar o Partido Popular, coa complicidade do PSOE, ao servizo dos oligopolios europeos.
A Europa do Sur debe ter unha resposta unitaria desde Atenas a Lisboa, pasando por Galicia, e onde se vertebre unha alianza de proxectos nacionais e rexionais. En Galicia ese suxeito político debe ser AGE para o cal Espazo Ecosocialista considera necesaria a súa vertebración, consolidación e ampliación.
Ademais Espazo Ecosocialista manterá contactos con Anova e EU para trasladarlle a necesidade de que máis aló das amplas alianzas electorais imprescindibles para afrontar este momento de contrarreforma social, nacional e democrática, faise necesario vertebrar unha esquerda nacional estratéxica e estable non o albur das diferentes convocatorias electorais.
As políticas de converxencia entre Anova, EU e Espazo Ecosocialista coma forzas próximas politicamente e aliadas debe levar a unha vertebración política cooperativa, para o que se iran buscando as formulas oportunas.
Visita de ICV a Galicia
A permanente de Espazo Ecosocialista valora moi positivamente a visita da responsable de relacións políticas, Laia Ortiz, e da Coordinadora Nacional, Dolors Camats, a Galicia.
Ademais de comprobar a alta sintonía de diagnostico e propositivo que existe entre ambas formacións ecosocialistas, a visita serviu para estreitar lazos coas forzas de AGE coas que se mantiveron diversos contactos e co Grupo Parlamentar onde se brindou a colaboración de ICV tanto no Congreso por medio do grupo parlamentar de Esquerda Plural coma no Parlamento Europeo.
Por último a visita serviu para que ICV explicará a visión que ten do ‘dereito a decidir’ como un dereito integral social e nacional e coma unha iniciativa da sociedade civil catalá que non pode deixarse tamén privatizar privatizar por un goberno ou uns partidos.
Nese senso, as dirixentes de ICV explicaron o seu compromiso para que o proceso sexa do conxunto da cidadanía e non sirva para enfrontar unha parte con outra e rachar un catalanismo cívico hexemónico que se foi fraguando ao longo dos anos.
Conferencia Política Nacional de EEG
Espazo Ecosocialista ten convocada a súa Conferencia Política Nacional sobre ‘políticas de alianzas e converxencias sociais’ para os sábados 19 e 26 de outubro.
Na primeira sesión traballarase en tres mesas.
A primeira centrada no papel da cidadanía no cambio político, para o cal será xestionada por redes sociais que están xurdindo en localidades galegas
A segunda centradas nas novas axendas, fundamental para darlle a alternativa a unha dereita neoliberal ocupada no desmantelamento do estado de benestar e unha socialdemocracia ensimesmada e coa vista posta no pasado e nun modelo desarrolista que non pode nin debe volver.
As novas axendas pasan por un novo modelo de sustentabilidade social e medioambiental e de radicalidade democrática e están centradas no dereito a Vivenda, o, Cooperativismo e Finanzas Eticas, un novo Modelo Enerxetico e de transporte, a Renda Básica de Cidadanía, os Dereitos Sociais, o desenvolvemento Rural, a Cultura de Paz, o , Laicismo, , os dereitos das persoas emigrantes, os dereitos das mulleres.
A terceira mesa abordará a construción da esquerda política nacional.
Na segunda sesión Espazo Ecosocialista fará unha valoración das conclusións da primeira e convocará o proceso cara a súa II Asemblea Nacional.

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



