Foz acolle dende o venres e ata o domingo a III Festa Normanda que arrancou co asentamento do campamento normando e o pregón de Francisco Narla. Despois da escenificación da lenda do Bispo Santo, os participantes peregrinaron ao Concello onde foron recibidos cunha queimada. O sábado celebrouse o desembarco normando e diversos xogos e talleres. Trátase dunha festa do pobo focego na que se implican numerosos colectivos e que pretende pechar o verán cunha festa de retorno ao século X.
Foz viaxa ao século X
Foz viaxa ao século X
Relacionado
-
Acisa Ribadeo celebra o día da nai repartindo na rúa un centenar de caraveis entre as mamás que se atopou ao seu paso, a pesar da choiva
-
Suspendido polo mal tempo o III Mercado “Aos Pés de Cornería” en Vilaronte de que se ía celebrar este domingo, 5 de maio
-
Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartirá unha conferencia na UNED de Lugo