Este sábado día 14 de setembro a Asociación Cultural Saiñas organiza como anos anteriores a Foliada Popular da Mariña, que chega á súa IX edición. As actividades programadas son as seguintes: ás 13:00 h pasarrúas por Xove e sesión vermú amenizada polos gaiteiros da asociación; a partires das 17:30 h, xogos, gymkana,… para nenos e adolescentes; ás 21:00 h cea popular a ración consiste en churrasco, chourizo, tortilla, pan e bebida por un prezo de 9€ e a partires das 22:30 h aproximadamente comezará a foliada popular, pola que pasarán varios grupos que tocarán e cantarán música tradicional galega para animar a tódolos asistentes a bailar ó son dos mesmos. Todas estas actividades realizaranse nunha carpa situada na praza do Concello. A Asociación Cultural Saiñas da as gracias á tódolos comercios de Xove que colaboraron coa nosa asociación para poder realizar esta festa, así como ó Concello de Xove, a Deputación de Lugo e a tódolos socios que formamos esta agrupación.




















Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



