Foz, 6 de Setembro de 2013. O Bloque Nacionalista Galego anunciou que presentará una moción no próximo pleno solicitando a condena unánime de toda a Corporación á represión franquista no Concello de Foz así como o apoio a todas as vítimas da mesma na localidade apostando pola súa rehabilitación social e institucional á par que instamos ao presidente do Partido Popular de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, e ao presidente do Partido Popular de Lugo, Xosé Manuel Barreiro, a que procedan a destituír de todos os seus cargos públicos, é dicir, como alcalde de Baralla e deputado provincial, a Manuel González Capón.
O Portavoz do BNG en Foz, Xoán Carlos González Basanta lembrou que “a Corporación municipal de Foz segue a ter unha débeda cos preto de 40 veciños do noso Concello que sufriron a represión e o terror por defender o proxecto de reforma social e nacional que representou a II República. Aquel Foz republicano, obreiro, vermello e soberanista a día de hoxe só recibiu a homenaxe da sociedade sen que por parte das institucións se procedese a facer ningún tipo de xesto para rehabilitar aos homes e as mulleres que fixeron posíbel aquel período. É hora de rematar co desprezo e neste sentido agardamos que o Grupo de Goberno proceda a darlle a unha rúa o nome de “Rúa da II República”, acordo unánime da corporación de fai preto de 10 anos e que durme no caixón da Alcaldía pero tamén que se lle dea o debido recoñecemento social ás persoas que no PSOE, en Unión Republicana, en Izquierda Republicana, na UXT, na CNT, pero tamén na sociedade de Socorros Mutuos, na Sociedade Cultural e Deportiva Focense ou na Confraría apostaron por un Foz mellor e por unha sociedade de iguais”.
Xoán Carlos González Basanta indicou que “imos a lembrar a máis de 40 veciños e veciñas de Foz, homes e mulleres de diferentes clases sociais, posicións ideolóxicas e que foron sometidas a diversas tipoloxías represivas. Na homenaxe van estar presentes Fuente, o Bernizador, o Benigno da Calzona, o Regueiro, o Francisco do Taller, o Máximo Causo, o Pepe Mel, O Xuez, o Pepe Paz, o Petrulo, o Ramón do Zapateiro, o Ramiro de Poza, o Antonio de Eusebia, o U Leonardo Uría,o Ramón do Montañés, o Gómez, os carteiros de todas as parroquias expedientados coa perda do emprego após o Alzamento, os mestres apartados do ensino, as traballadoras da conserva que conseguiron facer efectiva despois de dous meses de folga en 1933 a xornada das 8 horas, os que participaron da guerrilla e se exiliaron e aqueles que resistiron como Ramón Couto ou Amalito e atoparon folgos para tirar foguetes o día en que Stalingrado sería liberado polo Exercito Vermello. Son 40 os nomes, homes e mulleres que imos lembrar, a listaxe dos nomes da dignidade focega que padeceron represión por defenderen a causa da democracia e das liberdades republicanas, con elas acaba o golpe de estado de 1936, a feroz represión que o acompaña, a guerra civil que provoca e a ditadura que se instaura como consecuencia da vitoria franquista. É hora de mudar a historia porque cando entran en conflito as memorias dos vencidos e as dos vencedores, por definición sempre trunfan as destes últimos. Por iso agardamos que o próximo pleno da Corporación remate por converterse un acto de xustiza e de dignidade, honrando a memoria daqueles e daquelas que padeceron o terror franquista por defenderen unha sociedade xusta, igualitaria e democrática. Un acto de xustiza e dignidade ao que agardamos se sumen todas as forzas políticas posto que hora de pasar páxina co franquismo pero ao que tamén convidamos a todos os veciños e veciñas de Foz a que acudan ao Pleno na súa honra”.

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



