A Mariña, 13 de setembro de 2013.- O Boletín Oficial da Provincia publica este venres a resolución da Delegación do Goberno en Galicia pola que se convoca aos titulares das fincas que serán ocupadas para a construción do gasoduto da Mariña
A relación inclúe todo tipo de terreos ao longo dos 65 quilómetros de trazado que transcorre polos termos municipais de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove e Viveiro. Resultarán afectados desde prados ata explotacións forestais como eucaliptais ou piñeiros ou fincas de labradíos. En total 1.894 propiedades serán obxecto de expropiación.
|
Concello |
Espazo Km |
Parcela |
|
Ribadeo |
14,9 |
263 |
|
Barreiros |
10,6 |
392 |
|
Foz |
18 |
534 |
|
Burela |
1,1 |
43 |
|
Cervo |
9,8 |
307 |
|
Xove |
8,5 |
307 |
|
Viveiro |
1,2 |
48 |
55 VECIÑOS POTENCIAIS BENEFICIARIOS
O Partido Popular salientou que avanza a tramitación administrativa dunha infraestrutura chamada a mellorar o tecido industrial da comarca e proporcionar acceso ao gas natural a 55.000 veciños. O gasoduto será especialmente relevante para industrias como Alcoa xa que permitirá reducir os seus custes de produción, gañando en competitividade.
Os populares insisten en que estamos ante un proxecto de interese público e social notorio, que contribúe ao aumento da competitividade industrial, ao crecemento da economía da comarca e ao acceso, tamén para as familias, a unha enerxía limpa e máis económica.
A convocatoria aos titulares dos bens afectados para a elaboración das actas previas á ocupación iniciarase o 10 de outubro e rematará no mes de decembro. Deberán comparecer, na data indicada na Resolución, nos seus respectivos concellos.
Acceso á resolución: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_8693_1.pdf






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



