Burela, 13 de setembro de 2013.- Os deputados José Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra, acompañados de alcaldes e portavoces do Partido Popular na Mariña lucense, explicaron este venres que veñen de rexistrar sendas iniciativas no Parlamento de Galicia, e nos concellos da comarca, nas que se lle pide á Xunta que os pacientes de cancro desta comarca poidan recibir o seu tratamento médico no Hospital de Burela.
Ata o de agora, cada ano, entorno a 80-100 veciños da Mariña lucense afectados por diversos tipos de enfermidades oncolóxicas (cancro) vense na obriga de desprazarse ás cidades de Lugo ou da Coruña para recibir asistencia médica especializada, e máis en particular, os diversos tratamentos de quimioterapia.
IMPORTANTE TRASTORNO
Esta situación supoñía un importante trastorno tanto para o paciente como tamén para as persoas que lle acompañan (xeralmente familiares). De feito, dábase a confluencia de dous factores: os enfermos sofren as molestias propias dos efectos secundarios da quimioterapia combinadas co obrigado desprazamento ata as cidades nas que recibían o tratamento, situadas entorno a unha hora e media ata case dúas horas de viaxe.
Esta situación mudará unha vez que o Goberno galego faga realidade a petición formulada polo Partido Popular e garanta a posibilidade de que os pacientes oncolóxicos da Mariña lucense podan recibir a asistencia á súa enfermidade e a quimioterapia, sempre que estea clinicamente indicado e sexa posible, no lugar máis próximo ao seu domicilio, neste caso o hospital de Burela.
TRANSFORMAR POSIBILIDADE EN REALIDADE
Balseiro explicou que con esta iniciativa trasladan ao Parlamento unha demanda social, xusta e proporcionada dos veciños que –como xa se explicou con anterioridade- xa estaba a ser estudiada polo Servizo Galego de Saúde. “O que facemos e transformar unha posibilidade nunha realidade. Convertela nun mandato expreso do Parlamento ao Goberno. Nun compromiso oficial que a Xunta cumprirá como parte do seu compromiso coa mellora na calidade dos servizos públicos sanitarios da nosa comarca”, dixo o deputado.
Os populares tamén insistiron en que este novo servizo virá a desmentir a aqueles que auguraban falsamente un desmantelamento do Hospital da Costa e así explicou que, co novo modelo de integración sanitaria da provincia de Lugo, non só non se teñen eliminado ningunha prestación ou unidade no Hospital, senón que, na práctica, acontece todo o contrario: un reforzo da súa carteira de servizos, evitando o desprazamento de pacientes.
Balseiro lembrou que desde que o Partido Popular accedeu á responsabilidade de Goberno na Xunta veñen de impulsarse diversas iniciativas para a mellora da sanidade pública comarcal como foron a dotación da ambulancia medicalizada –tan so hai 10 en Galicia-, a contratación do proxecto de redacción do novo plan director do Hospital –que fará posible a súa futura ampliación- e, agora, a creación do Hospital del Día –unidade de hospitalización diurna- e a petición para que os enfermos de cancro sexan atendidos en Burela.


















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



