O PP de Viveiro denunciou, tanto nos medios de comunicación coma nas sesións plenarias, a situación dos veciños dos barrios de Hermosende, Pontigo e Parraguesa da parroquia de Galdo, ao non dispoñer de saneamento integral despois de máis de dous anos de rematar as obras, por carecer do enganche de enerxía eléctrica para poñer en servizo o pozo de bombeo.
O PP de Viveiro no pleno ordinario do 29 de novembro do 2012 dirixiuse ao alcalde para saber cáles eran os motivos que provocaban a falta de funcionamento de dito saneamento, así coma para cando estaba prevista a súa entrada en servizo, sendo a resposta do Sr. Alcalde, segundo os populares, que “sería en aquella misma semana cuando, lo autoricen conectar, y entrara en funcionamiento”.
A mesma pregunta realizárona no Pleno do día 20 de xuño do presente ano (case sete meses despois), sendo a resposta do Alcalde que “se había presentado el boletín de enganche y que Begasa ordenaba un refuerzo de línea, teniendo que ser el Concello quien asumiera dicha obra”.
O PP de Viveiro ante a demanda dos veciños dos barrios de Pontigo, Hermosende e Parraguesa de Galdo, esixe unha vez máis ao goberno socialista local unha solución coa “puesta en funcionamiento del pozo de bombeo, para que de una vez por todas, después de dos años estos vecinos de Galdo dispongan del tan demandado saneamento”.
Nos barrios de Porta da Leira en Pallaregas e Sacido ambos da parroquia de Covas ocorre outro tanto do mesmo ao carecer de saneamento unha serie de familias de Porta da Leira e de Sacido, o que motivou que o grupo popular preguntase por esta situación no Pleno do día 28 de xuño do presente ano. A resposta do alcalde xustificou esta situación na falta de financiamento, “ya que en ambos casos, se necesitarían los correspondentes pozos de bombeo y subministro eléctrico”, segundo recordan dende o PP local. As distintas respostas do Alcalde sobre os mesmos temas é unha das características propias de quen ostenta a bandeira do engano e a confusión.
“Nadie entiende que en pleno siglo veintiuno, este tipo de obras que son sumamente sencillas y que en parte están ya realizadas precisamente en el ánimo de dar los mejores servicios a nuestros vecinos y vecinas, pues para eso pagan religiosamente sus impuestos, así como para mejorar y preservar el medio ambiente, no debería de haber ningún lugar de las parroquias de nuestro Concello a los que le faltase el saneamiento”, explica o edil Celestino García.
Por todo isto, desde o PP de Viveiro esiximos ao equipo de goberno municipal socialista que realice todas as xestións necesarias para solventar estas deficiencias e garantir así o equilibrio de servizos para todos os viveirenses independentemente de onde vivan.


















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



