Santiago de Compostela, 25 de setembro de 13. O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, salientou que o PP ten votado en contra, no Pleno do Parlamento celebrado hoxe, dunha iniciativa socialista para pedirlle á Xunta que defenda os dereitos laborais na pesca extractiva, de transformación e comercio no caso da negociación de tratados e acordos da UE con terceiros países en materia de pesca.
O responsable socialista criticou a “desleixo de funcións” por parte do goberno galego no tocante á defensa dos dereitos laborais básicos dos galegos e galegas. Salientou que os acordos asinados pola UE con terceiros países non inclúe as debidas garantías dos dereitos laborais, que nalgún caso “non admiten comparación coas existentes en Europa”.
O PP tamén rexeitou que os acordos estean “condicionados ao cumprimento de normas equiparables ás da UE en materia hixiénico sanitaria, sociolaboral, medioambiental e, en xeral, en todo canto é esixible aos produtores e as empresas europeas que capturan, transforman en comercializan peixes e mariscos nos países membros”.
Val advertiu que “existen diferenzas apreciables en canto ás políticas de conservación e preservación dos recursos naturais que fai que aquilo que é perseguible e punible no territorio da UE e para as empresas aquí radicadas, acabe nos lineais dos nosos centros comerciais como produtos elaborados procedentes de terceiros países en base a algún tratado internacional”.
Investigación
O Pleno do Parlamento si que aprobou en troques a parte da iniciativa socialista que lle reclama á Xunta a que acade o deseño de mecanismos de investigación e avaliación dos recursos pesqueiros obxecto do tratado e acordo que sexan obxectivos, veraces e homologados internacionalmente”.
A finalidade é “facilitar o coñecemento dos mesmos e permitan a súa explotación racional e sostible”, establecendo ademais “mecanismos de penalización para os casos de incumprimento de todos ou parte destes principios”.
Salientou a “incongruencia do PP, que non votou os principios de respecto aos dereitos dos traballadores, ás medidas hixiénicas e o respecto medioambiental” cando ao mesmo tempo votan a favor da penalización dos ditos principios.

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.