Dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela temos que aclararlle os veciños e veciñas de Burela a abstención do Grupo Municipal na aprobación inicial do PXOM de Burela.
En primeiro, lugar dicir que nun principio non éramos partidarios nin da abstención xa que como o propio Partido Popular de Burela recoñece, este Plan Xeral de Ordenación Municipal “é moi mellorable”, e a nosa primeira intención era a de votar en contra. Pero a responsabilidade fixo que entendéramos que, á espera do que a Xunta poda mellorar neste PXOM antes da súa aprobación definitiva, a abstención era o máis responsable que poderíamos facer tendo en conta a importancia que ten para os veciños e veciñas de Burela este PXOM, que vai a condicionar o crecemento do noso pobo por moitos anos.
Queremos deixar claro que este PXOM non nos gusta, porque entendemos que é un PXOM que non é ambicioso para Burela. Vemos claramente como este PXOM aprobado inicialmente polo Partido Popular de Burela non recolle a realidade de Burela, castiga a uns veciños e beneficia claramente a outros. Temos casos que son realmente curiosos, solo industrial que pasa a ser solo edificable nalgúns casos, que cando menos (vendo a quen se beneficia), damos por feito que algunha das empresas máis potentes do noso Concello van a desaparecer. Rúas que rematan xustamente na casa de algún dos concelleiros do equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela discriminando a outros veciños, que se quedan sen rúa prexudicando claramente os seus solares e casas, protección de certas casas e de outras non, etc, etc, etc…
Fóra dos intereses persoais, que claramente se tiveron en conta na elaboración, chama poderosamente a atención que non se recolla neste PXOM un acceso ó que sería o polígono industrial da Puída. E que se consideren a Praza do Concello como zona verde, cando non fai moito tempo se vendía por parte deste equipo de “desgoberno” que se fixera un proxecto (que custou unha boa cantidade de cartos públicos) para facer un aparcadoiro subterráneo debaixo da Praza do Concello que ó pasar a ser zona verde si é que a Xunta o admite, cousa que dubidamos. Có cal entendemos que eses cartos se tiraron ó lixo posto que non se poderá facer esa obra ó pasar a ser zona verde. Outro despropósito é que en vez de ampliar a EDAR que temos actualmente, que non é tan vella, se dispoña solo para construír outra quitándolle solo industrial á zona do porto.
En fin unha serie de cousas que estudaremos unha vez veña a resolución da Xunta, e en función dese informe e da responsabilidade política que temos cós veciños e veciñas de Burela, veremos en que termos é a nosa votación nesa aprobación definitiva do PXOM, sempre tendo presente a importancia para Burela o ter un PXOM. Pero tamén lle dicimos ó equipo de “desgoberno” de Burela que eles son os que están no goberno e non vaian a querer facernos a nós responsables das súas decisións que van en contra do interese xeral dos veciños e veciñas de Burela. Como diría a Secretaria Xeral do Partido Popular: “Aquí que cada palo aguante su vela”.


















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



