Cervo, 16 de setembro de 2013- A Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Pilar Armada, abre un ano máis o prazo de inscrición nos cursos de memoria que se veñen impartindo nos últimos anos en distintos núcleos do municipio e que comezarán no mes de outubro. Uns cursos que se ofertan en todas as parroquias co obxectivo de facilitar a participación de todos os alumnos e alumnas que o desexen. Para anotarse poden achegarse ata a Casa da Cultura de San Cibrao ou ben chamar ao teléfono 982 59 51 57, indicando o seu lugar de preferencia para asistir ás clases.
Esta actividade ten unha longa tradición no Concello de Cervo e vén mantendo uns bos niveis de participación. Nela, os asistentes realizan numerosas tarefas prácticas para exercitar as súas capacidades cognitivas “moi positivas para manter a mente activa” e nun ambiente de compañeirismo, tal e como explica Armada.
Uns cursos que están dirixidos a persoas de 50 anos en diante, empadroadas no Concello de Cervo, e que desexen estimular a súa mente como forma de evitar a perda de memoria a través de numerosos exercicios e actividades prácticas. A dinámica das clases, participativa e amena, aumenta a súa efectividade e motívaos a seguir ano tras ano. Por iso, a maior parte dos alumnos son persoas que veñen participando nos cursos nos últimos anos, aínda que tamén os hai que se van incorporando.
“O alumnado dos cursos de memoria é moi fiel, e adoita falar tan ben das clases que tamén animan a outras persoas a asistir, conseguindo un efecto chamada” explica Armada, “algo que agradecemos dende o Concello, xa que pretendemos que poidan beneficiarse desta actividade o máximo número de persoas”.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



