Este sábado 5 de outubro, no Salón de Actos do Concello de Xove, ás 20:30horas farase a presentación das Escolas Deportivas-Culturais da ACD.XOVE para a tempada 2013-2014.
En total ofértanse 14 escolas: xogos pre-deportivos – psicomotricidade, fútbol sala, baloncesto, fútbol 8, patinaxe artística, xadrez, karate, tenis de mesa, campo a través, atletismo, pilates, aeróbic, teatro e pintura.
Preto de 300 alumnos, entre nenos e adultos, serán os que participen nestas actividades, que se levarán a cabo entre os meses de outubro do 2013 e xuño do 2014.
A parte técnica de ensinanza estará formada por un total de 17 monitores/profesores, xunto con 11 directivos/delegados que coordinarán cada unha das actividades.
Á presentación, na cal se darán horarios, listados de participantes, se presentarán os monitores, e se dará toda a información necesaria, están invitados todos os alumnos e alumnas, asó coma os familiares.
As actividades darán comenzo o luns día 7 de outubro, nas distintas instalacions deportivas e culturais de Xove.
*Fotografía: torneo 3×3 na clausura da escola de fútbol sala 2012-2013.