A Asociación Cultural e Recreativa “O CAIADO” de Foz, organiza dentro do seu programa de actuacións musicais na Residencia de Anciáns Virxe do Carme de Foz a actuación da Coral Polifónica de Foz. Este acto celebrarase o sábado día, 26 de outubro ás cino e media da tarde na propia Residencia. Este é o cuarto que celebra na Residencia de Anciáns a Asociación “O CAIADO”, creada o pasado mes de xuño, e que xa gozan da súa total legalidade ó contar coa aprobación dos seus estatutos. Os seus membros directivos son: Xesús do Breogán como presidente, Chuz Álvarez (Bibliotecaria) como secretaria, Normando Leivas como tesoureiro, e David Méndez e Antón Niñe como vocais.
A Coral Polifónica actúa na residencia de anciáns de Foz
A Coral Polifónica actúa na residencia de anciáns de Foz
Relacionado
-
Este xoves, 26 de xuño, tivo lugar na Praia de Frexulfe (Navia) o acto oficial de entrega das Bandeiras Azuis 2025, organizado polo Concello de Navia, coa presenza de autoridades e representantes de entidades galardoadas
-
A Sociedade Cultural Ledicia, de Burela, remata o curso da escola de baile e música tradicional cun festival aberto ao público que terá lugar o vindeiro domingo 27 de xuño ás 19:30 h na praza do Concello
-
A campaña “Separa. Depende de ti” de Sogama fixo este xoves parada en Cervo