Lara Méndez alertou de que desde que o PP decidiu “arrebatarlla” agraváronse problemas como listas de espera “de máis de dez meses”, o déficit de persoal ou a falta de determinados servizos, o que obriga aos pacientes a trasladarse a Lugo
Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2025. Lara Méndez reclamou hoxe no pleno do Parlamento de Galicia que A Mariña recupere a área sanitaria que a Xunta do PP “lle arrebatou” en 2017. A deputada do PSdeG criticou, ademais da situación na que se atopan os centros de saúde e a atención primaria na zona, as condicións do hospital de Burela, que “nunca antes estivera peor que agora”. Segundo denunciou, na última década reproducíronse e agraváronse problemas como o déficit de especialistas, os atrasos nas consultas, os incrementos das listas de espera, “que nalgúns casos superan os dez meses”, ou, directamente, a carencia dalgúns servizos. Seguimentos que poderían realizarse de xeito ambulante acaban agora en ingresos ou derivacións a centros privados, alertou.
O servizo de saúde atópase, nesa comarca, “baixo mínimos”, unha situación que “repercute na saúde da xente”. Por iso, cualificou de “intolerable” que o conselleiro dixese “sen ruborizarse” que as persoas que saen á rúa a reclamar os seus dereitos estean “politizadas”. Censurou tamén que o pasado marzo, mentres a veciñanza de manifestaba en Viveiro en defensa da sanidade, o PP “marcábase un Mazón”, cun xantar de cargos do partido na mesma localidade.
Representantes do persoal do centro hospitalario e da veciñanza asistiron ao debate desde a tribuna de invitados do Parlamento na compaña da alcaldesa de Burela, Carmela López. Méndez recoñeceu publicamente o labor que desenvolven os sanitarios e sanitarias. “Grazas polo traballo inxente que estades a realizar aínda a costa da vosa propia saúde”, dixo, e insistiu en que a sanidade da Mariña funciona “sen materiais, sen infraestruturas, sen recursos económicos e co persoal exhausto”.
A iniciativa que defendeu a tamén viceportavoz segunda do Grupo Socialista recorda que xa no verán de 2017 tanto o persoal do hospital mariñán coma alcaldesas e alcaldes, xunto coa veciñanza, rexeitaron a reforma da Lei de Saúde, que incluía a eliminación da área sanitaria. As súas protestas non serviron de nada, xa que antes de que rematara o ano materializouse a devandita supresión.
Mais si se demostrou, tal como remarcou Lara Méndez, que a inclusión da Mariña no distrito sanitario de Lugo provocou un deterioro na sanidade pública nunca comarca na que viven máis de 70.000 persoas, e onde se acentuaron os recortes e o menoscabo da calidade asistencial. Así, desde entón, obrígase a moitos mariñáns e mariñás a percorrer máis de cen quilómetros para recibir atención en especialidades das que se podería pasar consulta no hospital de Burela se non se minorasen os recursos sanitarios e humanos.
Os recortes dos gobernos de Feijoo e Rueda levaron a unha incapacidade para cubrir as necesidades da poboación da Mariña en materia sanitaria, tal como vén denunciando a xunta de persoal. Porén, en lugar de buscar solucións, o Goberno do PP optou por desviar a atención do problema atribuíndo as concentracións que se producen diante do hospital a unha cuestión de orde política, “cando en realidade esas manifestacións o que perseguen é mellorar a sanidade pública”.
Méndez advertiu que as diferenzas entre os recursos que manexan os profesionais en función do centro hospitalario no que traballan están a “agudizar a desigualdade no acceso á sanidade”. E que esas diferenzas segundo o lugar de residencia dos pacientes crea unha división entre “cidadáns de primeira e de segunda” en función “do seu código postal”.




















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



