Ribadeo, 22 de outubro de 2013. ACISA convoca unha concentración para reclamar un servizo eléctrico digno. Será o vindeiro luns, 28 de outubro, ás 20 horas nas inmediacións da praza de abastos de Ribadeo.
Desde a directiva da Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios e Autónomos sinalan que “hace tiempo que veníamos meditando sobre esta posibilidad. Después de los continuos cortes de luz que sufrimos hace unos días y tras ver las explicaciones de Begasa decidimos convocar esta movilización. No puede ser que un día y otro también cuando hay un poco de viento en Ribadeo nos quedemos sin luz, una situación insólita en A Mariña, porque en otros municipios eso no pasa. Si hay un gran temporal podemos entenderlo, pero como algo habitual no”.
ACISA levará a cabo unha campaña de recolida de sinaturas para facerllas chegar a todas as administracións e axentes implicados no suministro eléctrico: Begasa, Xunta de Galicia, e Ministerio de Industria, entre outros. Dita campaña dará comezo o mesmo día da concentración ás oito da tarde.
A directiva de ACISA fai unha chamada “a nuestros asociados y también a todos los vecinos y vecinas de Ribadeo que se ven afectados por los cortes de luz que sufrimos en la localidad y que están hartos de los abusos del mercado eléctrico. No nos podemos quedar sin hacer nada. Queremos que se nos escuche y que se nos dé el servicio que pagamos y que tan caro nos sale todos los meses. La luz sigue subiendo, pero la calidad del servicio que se presta es lamentable”.





















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



