Lugo, 2 de outubro de 2013.- O voceiro do GPP no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, e o deputado nacional, Joaquín García Díez, manifestaron, este mércores, que os orzamentos xerais do Estado para 2014, presentados polo Goberno de Mariano Rajoy, “consolidan a recuperación económica de España” grazas ás políticas emprendidas polo Executivo.
Nunha rolda de prensa, na que estiveron acompañados polos deputados nacionais, senadores, voceira do GPP na Deputación de Lugo e voceiro dos populares no concello lucense, ámbolos dous políticos lucenses cualificaron os Orzamentos para o ano 2014 de “realistas e responsables” e destacaron o equilibrio entre a austeridade e a contención do gasto co impulso dun crecemento sostido.
Foi o voceiro do GPP no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, quen valorou as previsións económicas do Goberno para o ano 2014, que contemplan un crecemento da economía española do 0,7% do Producto Interior Bruto (PIB) e unha redución na taxa de paro, situándose ao final do ano nun 25,9%.
Na súa opinión, as contas presentadas polo Goberno do PP recuperan o rigor que perderon durante os anos de Gobierno de Rodríguez Zapatero, profundizando na redución do gasto público iniciado no ano 2012 e 2013 e comprometéndose a non subir os impostos.
José Manuel Barreiro tamén puxo en valor a aposta do Goberno no estado de benestar, garantindo o poder adquisitivo das pensións e incrementando as partidas orzamentarias de becas, Plan de Vivenda, I+D+i, Cultura e prestacións por desemprego.
INVERSIÓNS EN GALICIA
En canto á inversión do Estado na Comunidade Autónoma de Galicia, o presidente dos populares lucenses resaltou que Galicia é a segunda Comunidade con maior volume de inversión do Ministerio de Fomento no 2014, cun importe de 1.157,7 millóns de euros, o que a sitúa nun 198% por riba da media nacional.
Do mesmo xeito, Barreiro sinalou que Galicia é a segunda comunidade, tamén, cunha maior inversión de Fomento en ferrocarrís, cun importe total de 826,4 millóns de euros. Tamén, quixo destacar unha partida orzamentaria de 25,1 millóns de euros para o impulso das políticas de vivenda na Comunidade galega.
PROVINCIA DE LUGO
Tras facer un repaso xeral das inversións en Galicia, José Manuel Barreiro centrouse na provincia de Lugo, que “é a cuarta de España en inversión de Fomento en estradas, cun importe de 99,12 millóns de euros”, apuntou.
En relación ao ferrocarril, o presidente popular sinalou que a inversión prevista na provincia ascende a 16,59 millóns de euros en actuacións como a redacción do proxecto da Estación Intermodal de Lugo, a continuación das actuacións entre Ourense e Lugo, continuando as obras da variante da Pobra de San Xulián e a eliminación de pasos a nivel.
Para finalizar, Barreiro explicou tamén que as partidas destinadas ao mantemento da rede convencional figuran no capítulo 7 do orzamento e ascenden a preto de 9 millóns de euros na provincia. Tamén no orzamento de ADIF recóllense en partidas para actuacións puntuais na rede convencional en tramos coma o de Lugo-Parga e outras para actuacións en estacións.
CONTIDO DO PROXECTO DE ORZAMENTOS
Foi o deputado nacional, Joaquín García Díez, o encargado de desgranar o contido do proxecto de orzamentos que, na súa opinión, comeza a mostrar os froitos do esforzo e do traballo do goberno de Mariano Rajoy.
“Fai un ano presentábamos uns orzamentos austeros e hoxe podemos dicir que estamos na senda da recuperación”- comezou a súa intervención García Díez, quen destacou a inversión en Galicia e, concretamente na provincia de Lugo, para levar a cabo proxectos moi necesarios.
“Son uns orzamentos rigorosos e realistas; destacou, que cumprido o compromiso de finalizar a A-8 no tramo galego este ano, como así será se non xorden problemas de ultima hora, a prioridade é dar un impulso importante como o que suporá a autovía Santiago-Lugo”- manifestou García Díez, quen, lembrou a inversión en infraestruturas por parte do departamento de Ana Pastor, que converte a Lugo, na cuarta provincia de España en inversión de Fomento en estradas, cun total de preto de 100 millóns de euros.
Manifestou o popular, que no tocante a obras na provincia de Lugo, continuarán as construcións de tres tramos da A-54 entre Lugo e Guntín cun orzamento de preto de 70 millóns par aos tres tramos e retomaranse o tramo Palas de Rei-Guntín, que estaba practicamente paralizado, e agora contará cun orzamento de 15,5 millóns.
Joaquín García puxo de manifesto que, tamén, para a conservación de estradas, o Ministerio de Fomento prevé uns 14,51 millóns algo que “permitirá atender adecuadamente á conservación e sinalización das nosas vías estatais, así como, mellorar a seguridade vial”.
Neste senso, lembrou, o popular, que no Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, figuran partidas por un montante de algo máis de 7 millóns de euros para obras, como a ampliación do Sistema de abastecemento de agua a Lugo, melloras do tratamento de agua potable de Monforte ou a rede de colectores xerais en Lugo.
Finalizou García Díez lembrando que non son menos importantes os compromisos con algunhas inversións que previamente requiren rematar os estudos informativos ou a redacción dos seus proxectos, para o que se consignan cantidades que permitirán abordar estes traballos en obras como a estrada entre Ourense e Ponferrada que mellorará no seu día as comunicacións no sur de Lugo, ou o proxecto para poder contratar as obras entre Barreiros e Foz na costa lucense.




















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



