A presidenta da Asociación Mujeres en Igualdad Burela (BUMEI), Mary Fraga, fai un chamamento á solidariedade para poder abastecer de leite, aceite, galletas, fariña, pañais para bebé, así coma produtos de hixiene persoal que faltan na Despensa de Alimentos que esta asociación xestiona en Burela. Mary recorda que atenden a máis de 70 familias intentando cubrir as súas necesidades máis básicas en canto á alimentación, roupa e produtos de primeira necesidade. E ao notar que a demanda é maior, apelan á solidariedade para cubrir as necesidades diarias destas familias; xa que a recollida de alimentos realizada fai pouco nos supermercados non é suficiente para abastecer esa demanda, “a pesar de que a xente se portou moi ben”. Así, os que desexen contribuír poden achegar a súa aportación ao local que a asociación ten habilitado na Avenida Arcadio Pardiñas, 137, entrechán, en horario de luns a xoves de 17.00 a 19.00 horas.
BUMEI precisa produtos básicos para a Despensa de Alimentos
BUMEI precisa produtos básicos para a Despensa de Alimentos
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia